sábado. 31.05.2025

Volta a clases de karate con cambio de docente: «Para min vai ser difícil, os rapaces afanse aos profesores»

Nicolás Rodríguez, Club River Stone, comezará as sesións no Concello do Barco este 6 de setembro e no caso da Rúa será o xoves 5

somoscomarca_240904_nicolasrodriguez390
Nicolás Rodríguez, Club River Stone

Chega setembro e con el a volta as aulas e tamén as rutinas. Para Nicolás Rodríguez, Club River Stone, non ía ser menos. Durante este ano impartirá clases tanto no Barco como na Rúa, xa que «Raquel quere facer unha paréntese, entón son eu o que asume a responsabilidades». Entón, até o momento soamente estará o club River Stone. 

Os horarios serán semellantes aos de cursos anteriores. No caso do municipio rués o pistoletazo de saída será este 5 de setembro ás 17:00 até as 21:30. Na localidade barquense darán comezo o venres 6 de setembro dende as 17:30, «tiñamos pensado comezar antes por si hai unha clase para os máis pequenos». A hora de remate será ás 22:30.

Aínda que, nestes momentos, os cadetes júniores xa comezaron os adestramentos a semana pasada para o Campionato Galego que será o 12 de outubro en Ferrol. 

«Comezamos con máis ganas que nunca, eu pásoo moi ben dando clases», así define o inicio de curso Nicolás. Para aquelas persoas que queiran inscribirse, dende o ambos os concellos realizaron panfletos. Tamén é posible contactar telefonicamente co docente ou, no caso da Rúa, acudir ata a Casa da Cultura. 

Volta a clases de karate con cambio de docente: «Para min vai ser difícil, os rapaces...