lunes. 07.07.2025

O Club River Stone pecha a tempada con seis medallas no I Trofeo Ribeira Sacra 2025

Raúl Pérez e Aina Moral subiron dúas veces ao podio nun torneo con gran ambiente deportivo e lúdico
somoscomarca_karate_riverston (2)

Este sábado celebrouse o I Trofeo Ribeira Sacra de Kárate 2025, competición coa que se puxo o punto e final á tempada 2024/2025. O evento reuniu a numerosos clubs galegos nunha xornada marcada polo bo ambiente, o alto nivel competitivo e a excelente organización. Ademais do aspecto deportivo, os participantes puideron gozar tamén das piscinas municipais, que o Concello puxo á súa disposición, facendo da cita unha auténtica festa do kárate.

O Club River Stone do Barco participou cun total de cinco competidores, que acadaron un balance moi destacado: cinco medallas e un diploma, demostrando unha vez máis o bo momento polo que pasa a entidade valdeorresa.

somoscomarca_karate_riverston (1)

Resultados por categorías:

Kata

  • Raúl Pérez Panizo, 1º posto en categoría Infantil Masculina
  • Eric Rodríguez Carballo, 5º posto (diploma) en Infantil Masculina
  • Diego Prada Rodríguez, 2º posto en Cadete Masculina
  • Aina Moral Castro, 2º posto en Cadete Feminina

Kumite

  • Raúl Pérez Panizo, 3º posto en Infantil Masculina -30 kg
  • Aina Moral Castro, 3º posto en Cadete Feminina -54 kg

Con este brillante peche de tempada, o Club River Stone consolida a súa presenza no panorama galego do kárate base, tanto en kata como en kumite, destacando a calidade técnica e a evolución dos seus deportistas máis novos. O club xa pensa na planificación da próxima tempada, coa intención de seguir medrando e participando en citas autonómicas e nacionais.

O Club River Stone pecha a tempada con seis medallas no I Trofeo Ribeira Sacra 2025