viernes. 06.06.2025

Brais Rodríguez e Xan Trigo campións na Liga Galega Sprint de Orientación Pedestre

Ambos orientadores do club Peña Trevinca Barco participaron nas dúas probas que se realizaron este sábado en Santiago de Compostela 
P_somoscomarca_orientacion_braisrodriguez
Brais Rodríguez na proba de orientación

Esta foi unha fin de semana pasada por auga e co deporte como protagonistas. O sábado, 21 de setembro, Santiago de Compostela acollía dúas probas da Liga Galega Sprint de Orientación Pedreste, na que Brais Rodríguez e Xan Trigo conseguían tres ouros e unha prata.

A primeira tivo lugar durante a mañá no mapa da Cidade da Cultura no que os deportistas tiveron que facer fronte a un percorrido con alternancia de puntos de control colocados entre os edificios do complexo no monte que o arrodea. 

Pola tarde, o Campus Sur era o lugar elixido para a segunda carreira. Alí atopábase un percorrido practicamente chairo e moi rápido, que remataba cun labirinto con balizas no campo de hóckey universitario.

En ambas as probas destacaban orientadores do Club Peña Trevinca Barco. Os dous nomes propios que sobresaltaron foron os de Brais Rodríguez e Xan Trigo. 

somoscomarca_orientacion_xantrigo
Xan Trigo na proba de orientación

No caso de Brais alzábase co ouro na proba celebrada no Campus Sur e tamén gañaba na que se realizou na Cidade da Cultura. Pola súa banda, Xan conseguía o primeiro posto na proba da mañá e o segundo na da tarde. 

Brais Rodríguez e Xan Trigo campións na Liga Galega Sprint de Orientación Pedestre