viernes. 19.04.2024

A situación non variará nos vindeiros 15 días, será nese momento cando se evalúen as medidas necesarias para a volta a competición

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo dúas xuntanzas de xeito presencial coas federacións de deportes colectivos e as federacións de deportes de contacto, e manterá unha máis de xeito virtual coa totalidade de federacións, para estudar a situación actual e comunicar os avances realizados por todo o tecido deportivo galego na loita contra a Covid-19.

Nestes encontros, os responsables da Secretaría Xeral para o Deporte e das federacións deportivas galegas acordaron reactivar os grupos de traballo para poder realizar un modelo común que termine ca volta as competicións nos diferentes deportes de contacto.

Polo momento a seguinte cita será dentro de 15 días, ahí será a quenda de tomar novas medidas que leven pouco a pouco a nova normalidade no ámbito deportivo, esta medida e a que agardan diversos clubes para poder voltar aos adestramentos, xa que nestes momentos o protocolo establecido para as diferentes federacións únicamente permite os adestramentos individuais, sempre sen contacto físico e cun máximo de 25 persoas por grupo.

A Xunta xa ten elaborada unha proposta de flexibilización das normas no ámbito deportivo e conta, na súa primeira versión, coa aprobación da Consellería de Sanidade. Estará dirixida a facilitar o traballo deportistas de alto nivel clasificados para Toquio 2020 ou en proceso de clasificación, así mesmo para os representantes en especialidades deportivas adaptadas individuais con guías ou persoas de apoio e os equipos que poidan sufrir prexuízos co resto de equipos das súas competicións estatais.

Dende o ente autonómico tamén se falou dos protocolos elaborados pola xunta para cada deporte, neste sentido, o tecido deportivo galego leva meses traballando na volta á actividade deportiva e contando coas ferramentas necesarias para facelo dun xeito seguro.

A volta dos grupos de traballo coincide ca decisión do Consejo Superior de Deportes de traballar conxuntamente cas autonomías para a creación dun protocolo destinado para as competicións non profesionais de ámbito estatal como poden ser a Segunda División "B" de fútbol sala ou a Terceira División, onde hai equipos valdeorreses representados nas mesmas.

A Xunta reactiva os grupos de traballo para a volta do deporte autonómico