viernes. 19.04.2024

Dentro do proxecto As Letras de Florencio, esta semana estase levando a cabo as Xornadas Coñece Valdeorras, Coñece a Florencio, unha iniciativa que busca enxalzar a figura do poeta de Córgomo.

Hoxe venres, desde as 19:30 horas na Casa Río Cigüeño, no Barco, levouse acabo un ciclo de conferencias onde se ofreceu unha análise da labor literaria e cultural que Florencio levou a cabo ao longo da súa vida. Contouse coa participación dos catedráticos en Lingua e Literatura Galega, Víctor Fernández Freixanes —catedrático de lingua e literatura galega e presidente da Real Academia Galega— quen falou da «Pegada da cultura galega en México». Xesús Alonso Montero —catedrático de lingua e literatura española e membro da Real Academia Galega— do «Cancioneiro da loita galega». Camilo Valdehorras —catedrático e profesor da Universidade de Barcelona— tratou os «Vieiros de Galicia infinda e a lírica enxebre e exótica de Florencio, humanista cristián». Por último  o tema de Ricardo Gurriarán Rodríguez —doutor en Historia e biógrafo do autor— versou sobre o «Itinerario vital e compromiso socio-político en Florencio Delgado Gurriarán».

As 21.00 horas inaugurouse a exposición «Verbena», una colección de debuxos feitos con viño, presentada polo seu autor, Roi Domínguez, quen tamén deseñou o cartel destas xornadas.

Roi é un artista barquense que realiza a súa obra con materiais basicamente reciclados, segundo el mesmo explicou. Ten preferencia pola escultura pero quixo facer algo distinto no coa pintura e despois de valorar varios materiais — a pintura tradicional non lle servía— decidiuse polo viño. «É un traballo moi duro  xa que hay que ir pintando capa a capa e cun pincel moi fino», explicou Roi.

Onte, primeira sesión das xornadas, os actos desenroláronse na adega A Coroa da Rúa, onde se levou a cabo un recorrido pola historia de Valdeorras de preguerra, por la vida do poeta e pola labor que o Instituto de Estudios Valdeorreses —IEV— levou a cabo para recuperar a súa figura. Contouse coa presenza de Félix García Yáñez, Aurelio Blanco Trincado — director do IEV— y Elva Delgado Vázquez —familiar do poeta—.

O alcalde da Rúa foi o encargado de presentar aos poñentes ante máis de trinta persoas que se deron cita no salón da adega. Ao remate un viño de Valdeorras e uns petiscos para agradecer a presenza dos asistentes.

«Verbena» pecha a segunda xornada sobre Florencio