Valdeorras convírtese na capital da cultura galega para festexar a poesía de Florencio
O traballo realizado pola veciñanza de Córgomo e o Concello de Vilamartín de Valdeorras nas últimas semanas xa deu os seus froitos e darse un paseo por Córgomo vai ser un dos principais atractivos destas Letras Galegas 2022 nas que é homenaxeado o seu paisano Florencio Delgado Gurriarán.
Novos empedrados, flores, murais, decoracións en fiestras e balcóns… Non falta nada e incluso restaurouse a portada con escudo da casa da Cruz onde naceu o poeta e na que se recreou o seu patio interior cunha pintura mural.
O alcalde da vila, Enrique Álvarez Barreiro, amosouse moi agradecido co esforzo da xente de Córgomo e destacou que o Día 17 todas as miradas están postas no municipio e en Valdeorras.
E para velo terán convidadas de excepción, as tres fillas de Florencio que chegaron o pasado sábado dende México e os EE.UU. onde viven. Celia, Maruxa, Carmiña e mais o fillo e a nora desta, Roberto e Sarah, estarán ata o próximo mércores en Valdeorras, desfrutando dun reencontro coas raíces de seu pai e de toads as homenaxes que está recibindo. De feito, o primeiro que viviron ao chegar foi o serán poético organizado polo Colectivo Barullo no Barco o pasado sábado e onde poideron escoitar poemas de Florencio e de novos artistas valdeorreses.
Axenda semana das letras
LUNS 16
- 10.00 Roteiro Córgomo co CEIP Condesa de Fenosa do Barco dende Baxeles
- 12.00 Exposición Primaria, presentación no CEIP Virxen do Camiño, Rubiá
- 13.00 Exposición Secundaria, presentación no IES Cósme López A Rúa
- 19:00 Concerto Sr. Jingles. Exterior do Teatro Lauro Olmo
- 20.00 Concerto das Letras do Consello da Cultura Galega. Zoar Ensemble
- 22.00 Recepción e cea cos familiares de Florencio e membros da RAG
MARTES 17
- 11.00 Teatro Lauro Olmo acto central da Xunta
- 12.30 Petín, Concerto de Acordeireta
- 12.30 Sesión extraordinaria da RAG en Córgomo
- 14.00 Florenciada, xantar popular polas ráus de Córgomo con cantos de adega
- 18.00 Concerto na Aira dos Bolos do grupo Acordeireta
- 20.00 Tras os Vieiros de Florencio, Fantoches Baj no Teatro Lauro Olmo
XOVES 19
- 19.00 Contacontos: Vendimando Versos. Biblioteca O Barco
VENRES 20
- 10.00 Roteiro en Córgomo. CPI Tomás Terrón Mendaña, Carballeda de Valdeorras