A Rúa acollerá o II Aberto Internacional de Xadrez

Este sábado vaise celebrar na Rúa o II Aberto Internacional de Xadrez a partires das 16:30 horas, organiado polo Club Xadrez Valdeorras.

Este clube, de recente creación, que a comezos de 2018 comezaba a funcionar como clube, ten a súa sede no local municipal situado encima do Centro Cultural Avenida. Un dos seus fundadores, Marcos Fernández, Pío, conta que «os comezos os fixemos pertencendo ao Club ADAS Proinor, eles axudáronnos moito porque non sabiamos cómo era o funcionamento dun clube deste tipo».

Nestes momentos disfrutan da pertenza á segunda división, «sempre con opcións de entrar na primeira», explicou Pío. O seu obxectivo coma clube é «difundir de novo ó xadrez na comarca» e para iso é necesario que «os máis pequenos queran aprender cómo se xoga». Conta Pío que nos anos 80, principios dos 90, «foi unha moda» que pouco a pouco perdeu importancia e adeptos. Este clube está intentando recuperar  a época de apogeo deste deporte.

O II Aberto Internacional celebrarase na Rúa ao aire libre. Para participar, cuenta Pío, «no hace falta estar federado ni tener un nivel espectacular, porque compite xente de todos os niveis; todo o mundo que queira pode participar»

El horario será el siguiente:

12:00 horas. Torneo Blitz Masou

16:30 horas. II aberto internacional de xadrez na Rúa.

Prazas limitadas.

Ritmo de xogo:20 minutos finish. Sistema de xogo suizo a 7 rondas.

Premios:

Xeral

150 € Primeiro clasificado

120 € Segundo clasificado

100 € Terceiro clasificado

80 € Cuarto clasificado

60 € Quinto clasificado

40 € Sexto clasificado

30 € Sétimo clasificado

SUB 1700 – SIN ELO

40 € Primeiro clasificado

20 € Segundo clasificado

SUB 10- SUB 12 – SUB 14 – SUB 16

2 Videoseries Chess24 para o primeiro clasificado de cada categoría.