sábado. 20.04.2024

Tania Suárez xunto a Lalo Santos e Ana Pérez Prieto participaron cos seus alumnos nun proxecto fotográfico

Os alumnos tanto de 3º da ESO como de 2º de Bacharelato do IES Lauro Olmo participaron con 3 dos seus mestres no taller fotográfico "Fotografía en curso" que se desenrolou dende o pasado mes de outubro ata o final de curso malia os inconvintes provocados pola pandemia do coronavirus.

Tania Suárez, profesora de bioloxía e xeoloxía e unha das participantes este curso de fotografía está asociado a un Plan Proxecta que foi atopado por Lalo Santos, vicedirector do centro, e que tamén participou na actividade. «Comentounos a miña compañeira Ana Pérez e a min e pareceunos bastante interesante meter a fotográfia no curriculum e decidimos no mes de outubro a meternos no proxecto».

Este proxecto estaba destinado a todos los cursos tanto de Secundaria como Bacharelato, aínda que finalmente fixeron un grupo en 3º da ESO e outro en 2º de Bacharelato, no caso destes últimos a fotografía serviu para que despesaxen nun dos cursos máis complicados. «Complicóusenos un pouco a cosa do COVID, iso sumóuselles o agobio da selectividade a isto, e non rematamos a actividade como quixésemos, por outra parte si serviu para liberar ás tensións que teñen a hora de estudiar e liberar as emocións a través da fotografía».

Para os rapaces de 3º da ESO traballaron con Ana Pérez Prieto, profesora de Matemáticas no centro. «A fotografía veulles moi ben na parte da proporcionalidade, das figuras xeométricas. Non foi un a maiores, se non que lles cadrou moi ben no que tiñan que traballar» subliñou Tania Suárez.

No apartado técnico, os profesores tiveron dúas sesións formativas con 4 ponentes de diferentes zonas de España que estaban formadas en fotografía, a raíz de estas charlas ían formando aos estudiantes. Na primeira sesión aprenderon sobre o espazo baleiro, que según explica Suárez. «Parece simple pero ten as súas peculiaridades», destacando que conseguiron captar o concepto para transmitirllo aos alumnos. «Tamén unha parte poética, relacionada co tempo meteorolóxico cas nubes e os traballos de Vari Caramés. Na última sesión traballamos ca fotografía de retrato»

Finalmente a valoración do curso é positiva, e para o ano buscarán formar un grupo para continuar cun apartado audiovisual.

Se queres escoitar todo o que dixo Tania Suárez podes facelo na seguinte ligazón:

O IES Lauro Olmo participou no proxecto Fotografía en Curso