viernes. 19.04.2024
Fátima Delgado en la Biblioteca de O Barco
Fátima Delgado en la Biblioteca de O Barco

A dramaturga valdeorresa presenta o seu novo poemario "Ouveos/Aullidos" a través das redes sociais

Internet convertiuse nestes últimos meses nunha das formas de ver o que acontecía no mundo e tamén en moitos casos na forma de contactar cos nosos familiares, agora as tecnoloxías tamén axudan a realizar presentacións como a do novo libro de Fátima Núñez Delgado.

Esta vez non é unha publicación calquera, se non o último poemario da valdeorresa titulado "Ouveos/Aullidos", que verá a luz de forma pública este xoves no perfil de Instagram da editorial Seda de Biso (@sedadebiso), unha forma distinta a prevista, xa que inicialmente este acto íase facer de forma presencial en Nova York dentro do Festival Kerouac.

Vendo que desta maneira sería imposible, o editor deste libro Néstor Revuelta propuso o lanzamento a través das redes. «Era unha boa oportunidade para chegar a máis xente, incluso a nivel internacional para dar a coñecer o libro» destacou Delgado.

Este poemario para a dramaturga é un tesouro, xa que a editorial coida moito os detalles como a edición e a parte gráfica. «Dende a portada, que é unha peza artísitca de pintura ata o interior, que hai fotografías e ilustración que acompañan a poesía».

"Ouvidos/Aullidos" foi unha creación cun longo proceso xa que os textos foron escritos entre 2008 e 2014. «No primeiro ano aparece un pesimismo, un desencanto que se manifesta en forma de ouvidos, de ahí ese título. Eu quería darlle voz a diferentes personaxes, distintas vidas e os seus demos. Como o proceso creativo foi tan longo pasamos do pesimismo a un lado máis luminoso, humano, donde aparece incluso o amor. É unha viaxe» destacou Delgado.

Respecto ao anterior poemario "Ninfopoética" a poeta afirmou que era un libro de iniciación, xuventude e mocidade, este novo título xa é máis maduro, cunha temática máis pensada na sociedade e incluso na política.

A valdeorresa non dubidou en afirmar que é un momento para reivindicar o papel do sector cultural, xa que e industria: «Eu penso que esta época vai valer de reflexión para os consumidores de cultura, e dicir para que se den conta de que isto é importante e hai que arranxalo».

Se queres escoitar a entrevista completa a Fátima Delgado podes facelo na seguinte ligazón:

Fátima N. Delgado: «É un libro máis maduro»