viernes. 19.04.2024

Anxo Rei, cantautor valdeorrés ven de crear un novo tema adicado a pandemia da COVID-19

Durante os meses do confinamento, e tamén da pandemia en xeral, e do Coronavirus, que nuns días levará un ano na vida de todos os valdeorreses, a creatividade e a cultura reivindicáronse como un salvavidas fundamental para poder desconectar de tanta mala nova.

Eso sirviu de inspiración para o cantautor valdeorrés Anxo Rei, que ven de anunciar a creación dun tema pensado no día despois de que a COVID-19 marche definitivamente e sexa únicamente un mal recordo dun longo pesadelo.

«A xente está cansa de todo isto, a mente a veces satúrase e precisas desconectar. Hay que botarlle unha man a cultura, a todas as artes» salientou o artista.

Este novo tema fai referencia a vida que espera unha vez que todo o relacionado ca pandemia acabe, recordando a súa vez de esa xente que pasou esta época en soidade. «Cando todo pase, voltaremos a vernos, darémonos bicos e apertas que non nos demos» dicta a canción nos seus primeiros versos.

Rei non esquece todo o cariño que lle adicou Valdeorras dende os seus comenzos, tanto nos concertos como no día a día en xeral, por elo nos seus discos inclúe versos de poetas da zona. «Sempre estiveron ao meu lado, téñolle moito cariño a xente».

A canción non ten data de publicación, Rei destaca que pode ser en calquera momento, aunque será máis cedo que tarde. O valdeorrés leva 42 anos sobre os escenarios, rememorando que comezou a súa aventura no mundo musical na época de grupos como Fuxan os Ventos.

«Toquei por toda Galicia nos anos 80, moitas veces no Barco, cheo de concertos nunha época onde podías facelo só, hoxe en día tes que ir arroupado con máis músicos. Os concertos eran pola tarde-noitiña, agora non os hai. Hoxe en día son grandes escenarios, con iluminación, e curioso, daquelas non o había, eu toquei moitas veces sin megafonía. Foron outros tempos» rememorou Rei.

As súas costas leva 5 discos adicados aos poetas da zona como Florencio Delgado Gurriarán, ou a outros como Celso Emilio Ferreiro, aínda que no 2016 sacou «Rosa» na honra da súa compañeira.

O valdeorrés leva un ano sen poder subirse aos escenarios, e malia que desexa voltar a eles, tamén quere voltar a normalidade da época anterior a COVID, detallando que malia os tempos que corren, a cultura con certas medidas é segura.

Anxo Rei: «A música dá vida»