sábado. 20.04.2024

A exposición xa pode verse no centro Santa Leonor ata o último día do mes de agosto

Prácticamente todos os veciños da zona de Terras de Trives, Valdeorras e arredores sufriron o drama da emigración durante o século XX de forma directa ou indirecta. A través de familiares que tiveron que marchar do país na búsqueda dun futuro mellor ou sendo eles mesmos quenes fixeron as maletas.

Por elo dende o Concello da Pobra de Trives, xunto ABANCA e Afundación presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX», que representa a toda esa xente que decidiu marchar dos seus fogares a outros países como Alemaña, Suíza, Francia, Uruguay, Venezuela ou tamén dentro de España como Bilbao, Barcelona ou Madrid, para poder ter un traballo onde ter un bo soldo.

Todo elo na España da postguerra e tamén dos anos 60, 70 e incluso 80 sen data de regreso para moitos deles, que acabaron establecéndose lonxe das fronteiras autonómicas e nacionais.

O acto de apertura tivo lugar na Sala de Exposicións do Edificio Santa Leonor, e contou coa asistencia da concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Educación e Cultura, Cristina Paz Elías; Rubén Vázquez, director oficina de ABANCA en A Pobra de Trives;  e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo. 

Poderáse visitar ata o vindeiro 30 de agosto, de luns a venres de 10 a 13.30 h e de 16 a 19 h, sábados de 10.30 a 14 h e de 16 a 19 h e os domingos de 10.30 a 14 h.

A Pobra de Trives acolle unha exposición sobre a emigración