O 8 de marzo preséntanse dous ensaios sobre a vida e obra de Florencio no Barco
O próximo martes, 8 de marzo, presentase no Barco de Valdeorars dous ensaios clave sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán. O acto será ás 19.30 horas no salón de actos do Edificio Multiusos do Concello e estarán introducidos por Alfredo García, alcalde do Barco, Enrique Álvarez, alcalde de Vilamartín, Margarita Pizcueta, concelleira de Cultura do Barco, e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.
Trátase da reedición da biografía a cargo de Ricardo Gurriarán e máis unha antoloxía poética dirixida por Xesús Alonso Montero —ambos da Editorial Galaxia—. Alonso foi unha das figuras que reivindicou o valor da poesía de Florencio e Ricardo Gurriarán, o investigador que realizou a primeira gran investigación sobre a súa vida.
Ambos autores estarán no Barco de Valdeorras para presentar as súas máis recentes publicacións. No caso de Gurriarán, a reedición de “Florencio Delgado Gurriarán, vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista”, libro que foi publicado por vez primeira en 1999. Alonso Montero, pola súa banda, presenta unha análise da súa poesía que leva por título “Florencio Delgado Gurriarán, poeta na terra, ona guerra e no exilio. Antoloxía poética”.