viernes. 19.04.2024

[row][double_paragraph]

[/double_paragraph][double_paragraph]

O vindeiro sábado día 8 de setembro ás 18:30 horas, celebrarase no pabellón municipal de Calabagueiros o partido de fútbol sala que enfrontará ao Club Pizarras Los Tres Cuñados FS e ao Valpaços FC da segunda división de Portugal, nun encontro cuxo obxectivo principal é rendir homenaxe á figura de Jesús Carrera, Jess. Na tarde do mércores día 5, presentábase o evento no Concello do Barco. O concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, flanqueado polos dous capitáns, David e Bruno, este último irmán de Jesús Carrera, e por membros do equipo técnico, Roberto Rodríguez e Xocas Miranda, recordaba os tempos no que O Barco «foi referente neste deporte e volve agora a selo gracias ao clube barquense». Invitaba, acto seguido, a tódolos veciños, a acudir o sábado ao pavillón para «disfrutar dun partido internacional cun equipo portugués de primeiro orden».

Roberto Rodríguez, pola súa banda, comentou o valor que supón contar co Valpaços neste encontro e recordou o valor sentimental do mesmo. «Neste partido non nos xogamos nada, só algo emotivo importante, e nos gustaría que se perpetuase e que Calabagueiros se enchese de xente para demostrarlle a Jesús que non o olvidamos». O clube afrontará o encontro coa plantilla un tanto mermada. «Afrontamos a temporada máis atípica dende que estou aquí» explicou Xocas Miranda, «este ano aparecemos con cinco o seis lesións, pero un partido como éste temos que sacalo adiante». Para Miranda, «Jess era un icono do vestiario e non queremos que se olvide».

[/double_paragraph] [/row]

O Tres Cuñados enfrontarase ao Valpaços de Portugal no II Memorial Jesús Carrera