A Xunta amplía a sexta edición dos Bonos Activa Comercio con 2,5 millóns de euros adicionais

somoscomarca_241022_obarco_bonoactivacomercio621
Cada persoa poderá descargar un único bono. No caso de que un usuario xa utilizase o seu bono en novembro, non poderá obter outro nesta ampliación

A Xunta de Galicia anunciou a ampliación da convocatoria da sexta edición dos Bonos Activa Comercio cun crédito adicional de 2,5 millóns de euros. Esta medida, impulsada pola alta demanda rexistrada na campaña inicial, busca seguir fomentando as compras no comercio de proximidade, incentivando o consumo e fortalecendo o tecido comercial galego.

Durante a fase inicial da campaña, o crédito asignado esgotouse en só dous días, mobilizando máis de 11 millóns de euros en vendas. Este éxito traduciuse en 255.000 bonos descargados e preto de 7.000 comercios adheridos. Co novo investimento, o orzamento total destinado a esta acción en 2024 ascende a 7,5 millóns de euros.