A Veiga recibirá case 400.000 euros para reparar danos dos incendios de 2025

somoscomarca_pedroblanco_lalosantos
O Goberno destina tamén axudas a Petín, Rubiá, Manzaneda e Chandrexa de Queixa para recuperar infraestruturas municipais e a rede viaria afectadas polos lumes

Os concellos de A Veiga, Petín, Rubiá, Manzaneda e Chandrexa de Queixa recibirán máis de 482.000 euros en subvencións do Goberno de España para reparar infraestruturas municipais e a rede viaria danadas polos incendios forestais de 2025.

A resolución, publicada este martes no Boletín Oficial do Estado (BOE), inclúe estas axudas no marco da declaración de «Zona afectada gravemente por unha Emerxencia de Protección Civil», coa que o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática cofinanciará o 50 % do custo subvencionable das actuacións.

O municipio que concentra a maior parte do investimento é A Veiga, con tres actuacións subvencionadas que suman 397.983,87 euros, correspondentes a proxectos cun orzamento superior aos 800.000 euros.

Ás actuacións da Veiga súmanse as previstas en Chandrexa de Queixa, que recibirá 28.765,26 euros para unha obra cun orzamento de 57.530,53 euros; Petín, con 21.204,52 euros; Rubiá, con 17.938,29 euros; e Manzaneda, con 15.646,51 euros.

En total, estes cinco concellos de Valdeorras e Terras de Trives concentrarán máis de 482.000 euros das axudas concedidas polo Goberno, dentro dun investimento de 1,31 millóns de euros destinado á provincia de Ourense para financiar 28 actuacións.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou que estas subvencións «reflicten a colaboración permanente coas administracións locais para restablecer os servizos públicos e reparar os danos sufridos» e lembrou que o investimento do Executivo para facer fronte ás consecuencias dos incendios de 2025 «xa suma preto de 23 millóns de euros en Galicia entre obras e axudas».

Desglose de actuación nos concellos de Valdeorras e Terras de Trives

 

Tu prueba Premium ha finalizado