jueves. 28.03.2024

Dende o grupo socialista denunciaron unha situación a deriva, ante a falta de médicos para a UVI Móbil do centro hospitalario valdeorrés

O PSdG-PSOE de Valdeorras quiso denunciar na mañá do venres 3 de setembro a situación a deriva do Hospital Público de Valdeorras, nun acto onde estivo Aurentino Alonso, edil provincial do partido, acompañado polo senador Miguel Bautista, alcaldes da comarca e diferentes membros da corporación socialista barquense como Orlando Saaverda, concelleiro de sanidade.

Aurentino Alonso, explicou que nas últimas datas producíronse situacións «esperpénticas» pola falta dun médico que poda ir na UVI Móbil ata a cidade de Ourense, que é o hospital de referencia en caso dun traslado en caso de que un médico así o estime.

O deputado provincial, e edil no Concello do Barco, pon como exemplo un caso que se deu na xornada do xoves no centro valdeorrés. Cunha persoa que acudiu ás 11:00 da mañá cun shock anafiláctico e foi trasladada ata o CHUO 5 horas despois porque o médico da UVI Móbil non se atopaba na comarca.

«Ten que vir un de Ourense, facer a viaxe, recoller o paciente e levalo ao centro correspondente. Hai máis casos, todo esto é información suministrada dende o HPV. A preocupación é grande, non somos cidadáns de segunda» salientou Alonso.

Dende o PSdG-PSOE, non olvidan que esta situación non é un tema político, tratándose da calidade de atención sanitaria que precisa o material e persoal axeitado.

Pola súa banda o edil de Sanidade do Barco, Orlando Saavedra, explicou que o persoal facultativo está tendo un estrés progresivo, porque estas situacións suceden moitas veces. «Corremos perigo de que ocurra unha desgraza».

Para Saavedra, a dirección do Área Sanitaria e a Consellería de Sanidade deben negociar, porque na comarca hai médicos dispostos a asumir os traslados. «É un tema de negociacións».

O concelleiro tamén aproveitou para denunciar a falta de recursos do centro sanitario como pode ser a falta de ambulancias. «Se saen 2 ou 3 ambulancias a Ourense hai máis, non se fabrican como churros».

O PSOE de Valdeorras denuncia a situación «a deriva» do HPV