O PP reuniu en Allariz aos 92 candidatos da provincia entre os que se atopaban 8 de Valdeorras

Os candidatos do PP ás alcaldías da provincia reuníronse hoxe para deseñar novas estratexias, propostas e proxectos supramunicipais

Oito cabeza de lista dos nove concellos que ten a comarca participaron nesta xuntanza que, segundo o presidente provincial popular, Manuel Baltar, é “para ter unha visión máis ampla de provincia, cun programa que presentaremos nunhas semanas para gobernar a Deputación, que tamén sae das urnas e, no noso caso, co único candidato coñecido a presidir a institución”.

Distribuídos en mesas comarcais, os candidatos presentaron as principais iniciativas que se plantexan como concello, analizando a súa viablidade para desenvolver no contexto de cada comarca. Unha experiencia que cualificaron como moi positiva, con particular énfase por parte dos novos candidatos.  Na mesa de Valdeorras atopábanse, Elías Rodríguez (Rubiá), Maria del Carmen González (Carballeda), José Pinto (Vilamartín), Sabina Aguado (O Barco), Juan Anta (A Veiga), Álvaro Fernández ( A Rúa), Patricia Lamela(Larouco), Carlos Goñi (Petín).  

En cada mesa

había unha cadeira valeira onde o presidente 

se sentaba para analizar os proxectos que lles ían presentando os candidatos.

Manuel Baltar, satisfeito coa implicación amosada por todos e cada un dos

presentes, afirmou que esta xornada de traballo “é un paso máis na procura dos

mellores resultados municipais da historia que tentaremos alcanzar, marcándonos

como obxectivo superar as 65 alcaldías actuáis e o récord de 71 concellos na

provincia”. Un paso máis, aclarou, “porque xa estamos desde hai tempo nunha

intensa dinámica de traballo, e non só en campaña, que ten como punto de

partida o histórico apoio electoral conseguido nas xerais de 2011 e nas

autonómicas de 2016”.

Para lograr estes

obxectivos, o PP deseñou un proxecto renovado, con 36 candidatos que lideran

por vez primeira unha lista popular, 17 delas mulleres, “que hoxe se dan cita

aquí para ter unha visión máis ampla de provincia, cun programa que

presentaremos nunhas semanas para gobernar a Deputación, que non o esquezamos,

tamén sae das urnas e, no noso caso, co único candidato coñecido a presidir a

institución provincial”.

O presidente

provincial recoñeceu, por outra banda, que a convocatoria de abril ás urnas

terá a súa influencia en maio, “unha circunstancia excepcional para un ciclo

histórico de eleccións –xerais, municipais e europeas- que non son dúas partes

dun mesmo proceso, senón que “se gañas o primeiro partido chegarás á final con

máis vantaxe”.