Incidencia técnica retrasa tren a Barcelona e afecta aos viaxeiros con destino A Rúa-Petín
Os viaxeiros do tren Alvia que partían desde Ourense con destino a Barcelona, con parada en "A Rúa-Petín" viviron esta mañá unha inesperada e frustrante incidencia. Despois de saír ás 9:30 horas, o tren quedou parado a poucos minutos da estación de Ourense, sen poder continuar a marcha. Segundo a información recibida, o tren foi detido debido a un problema técnico nos equipos de tracción, situación que mantivo aos pasaxeiros durante unha hora e media sen poder avanzar.
Todos os ocupantes do tren recibiron unha mensaxe que dicía: «Información de tu viaje a A Rúa-Petín. Debido a una incidencia técnica en los equipos de tracción, tu tren Alvia está detenido a la salida de Ourense».
Posteriormente, foi explicada a causa do problema: «Unha falla na tensión das vías que impedía que o tren eléctrico avanzase». Despois da espera, os viaxeiros foron trasladados en autobús até A Rúa.