Último día para solicitar praza en campamentos de verán
Ademais, impulsarase un novo programa de ocio alternativo dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos. O Albergue Montañas de Trevinca (A Veiga) é un dos que acollerá esta iniciativa
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde de convocatoria dos campamentos de verán deste 2024. Ata o este 30 de abril, as familias poderán solicitar praza nunha das instalacións ofertadas pola Xunta de Galicia para este ano. A campaña de verán do Goberno galego contará con máis de 11.500 prazas, 300 máis que o pasado ano, batendo así con todos os récords.
As entidades que desenvolven actividades para a xuventude e os grupos de persoas mozas non asociadas tamén poden solicitar, desde hoxe, a utilización das instalacións xuvenís das que é titular a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado co obxecto de que poidan desenvolver programas de lecer educativo e tempo libre, sen ánimo de lucro, dentro da programación da campaña de verán 2024. As solicitudes presentaranse por sede electrónica.
Ademais, impulsarase un novo programa de ocio alternativo, dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos en cinco instalacións de toda Galicia de xoves a domingo. Entre eles, está o albergue montañas de Trevinca (A Veiga).
Esta oferta compleméntase cos minicampamentos ‘Coñece Galicia’ cuxa oferta se dará a coñecer máis adiante; e cos intercambios con outras comunidades autónomas.