Todo a punto para o I Campus de Verán do CD Rúa

O CD Rúa en colaboración co conccello organiza o primeiro Campus de Verán da localidade, co afán de incentivar o deporte e recuperar as categorías inferiores do equipo rués.

O Campus comeza o vindeiro día 3 de xullo e prolongarase ata o día 9 do mesmo mes con actividades deportivas, fútbol e actividades acuáticas. Todos os nenos de entre 4 e 16 anos que queiran participar poderán apuntarse no Concello de A Rúa ata o vindeiro venres 30 de xuño.

A popular xogadora de fútbol sala, Andrea Carid, pasará unha xornada cos participantes no campus, contando a súa experiencia persoal para enraizar así a presenza o fútbol feminino. A xogadora internacional, que milita actualmente no Ourense Envialia, animará aos rapaces e rapazas a apoiar tamén o fútbol feminino, así como a fomentar a igualdade entre nenos e nenas.

O prezo deste campus será de 60 euros para os cativos matriculados en escolas deportivas e 70 para o resto de participantes. Ata o de agora son 37 os rapces anotados, pero dende a organización esperan incrementar esta cifra nos vindeiros días.

O horario será de 10:00 a 14:00 horas no campo Novo Aguillón de A Rúa. Todas as actividades do campus realizaranse por monitores especializados na materia.

Para máis información visita a páxina do concello ou pincha aquí.