Sobradelo-Éntoma o encontro futbolístico que forxou 50 anos de amizade

Sobradelo-Éntoma o encontro futbolístico que forxou 50 anos de amizade

Un partido histórico entre o Atlético de Sobradelo e o Éntoma C.D. reuniu aos seus protagonistas 50 anos despois en torno a unha mesa coa Pontenova como testemuña no Mesón Museo

Hai 50 anos o Atético Sobradelo vencía ao Éntoma Fútbol Club, no campo de fútbol dos Pinos (Sobradelo) e, neste 11 de agosto moitos dos que xogaron aquel encontro volveron a reunirse, non nun campo de fútbol, se non en torno a unha mesa para compartir recordos e volver a aquel 29 de abril de 1973.

«Foi un día, concretamente o último domingo, 29 de abril de 1973..., celebrábanse as festas de Sobradelo. A animación era máxima, con grandes orquestras, actividades deportivas e o prato forte delas un derbi: un partido de fútbol entre Entoma e Sobradelo», comeza a crónica Isidro García Tato medio século despois.

Atlético Sobradelo o club que lle gañou ao Éntoma hai 50 anos

Os de Sobradelo case que non reúnen ao equipo e, é que como dixo Raúl na comida, en tono de mofa, «os de Éntoma eramos moito mellores cos de Sobradelo», pero perderon e o motivo foi a aliñación dos que xogaban na casa. 

O equipo do Éntoma Fútbol Club hai 50 anos

«Os da capital do imperio reuniron o mellor equipo posible, internacional, onde os houbese , con tres xogadores de Quereño, un do Puente, outro de Viladequinta e un mozo de étnia xitana, mesmo un francés e cinco rapaces do pobo».

Resultado e equipación de aquel partido histórico na man de Raúl , un dos protagonistas

«Aos de Quereño foinos buscar, Goyo ao temón dun Mercedes, último modelo como  correspondía á categoría dos presuntos futbolistas para arrancar o xogo aí cara ás 6 da tarde, no campo dos Pinos» relata Isidro.

«Partido de grande rivalidade, coma todos ao uso naquela época, na que a honra se defendía en calquera ocasión! Na historia desta comarca houbo dúas datas especialmente sinaladas: 1809 (a guerra da Independencia) e 1973 (este mítico e máxico partido)», prosegue.

Segundo o investigador do CSIC as gradas— os penedos arredor do terreo de xogo— estaban cheas de xente animando cada quen ao seu equipo. «Á fronte dos locais Gabriel procuraba que todo estivese en orde. A práctica resultaba sinxela: un catro, tres, tres (non o inventou Ancelotti) flexible segundo o devir do xogo», conta coma si de un xornalista deportivo se tratase.

«Goio, o porteiro, ben seguro, ben escoltado por catro escudeiros: Mino, Isidro, Toni e Manolo... De aí ninguén pasaba de balde... Ou balón ou rival. Gardaba o fortín na liña de medios con Fernando, Negrín e máis Paco. Barba, que con tales nomes o cerroxo semellaba ben defensivo, polo que os de arriba só terían que atacar o rival sen máis preocupación que facer dano no marcador. Non en vano alí estaban os dianteiros: Pepín, Vergara e Toño Castro, dos Porrois de Quereño».

«Todo transcorría con rivalidade e certo equilibrio ata que os locais lograron perforar a rede (imaxinaria, claro está!) de un espectacular cabezazo... Nun rápido contraataque o Zar de Éntoma, Oscar, igualou o resultado para a decepción do público asistente que, de súpeto, enmudeceu. Menos mal que a defensa tiña boa planta...», seguio o de Viladequinta narrando

O empate tal vez fose o máis xusto, segundo a opinión dalgúns dos sobreviventes daquela auténtica batalla, repetida domingo a domingo nos campos da redonda. «Asomaba o final do encontro, cando Manolo Vergara, dun certeiro disparo mandou as ilusións entomesas ao chan. Gol! Gritou ao unísono o campo de fútbol ao completo, xa que o trofeo ficaría nas vitrinas dos locais, unha vez máis», remate do partido.

somoscomarca_sobradelo_futbol_50añosdepues_atleticosobradelo_entomafc_202320232164 (5)

Gañaron os locais que recolleron a copa no campo da festa. Foi  a Toño Castro —Antonio Castro Voces— o encargado de facelo, pois aínda que non era de Sobradelo fixera un gran partido e así o decidiron os do equipo. «Non non lle collía un garbanzo no cú», comenta Tato.

Engade ademais que a entrega do trofeo fixoa a raíña das festas Florinda Fidalgo -Tita-, quen llo entregou adornado «con dous sonoros bicos ao Toño para envexa dos demáis deportistas. Bicos que por certo os que nos temos por amigos do Antonio lembramos una morea de veces, ata o punto de que os saboreamos case coma el. Mágoa que xa tivese noivo e que fose pizarreiro. Nada que facer!», subliña García Tato.

somoscomarca_sobradelo_futbol_50añosdepues_atleticosobradelo_entomafc_202320232164 (3)

Daquela ao igual que hoxe a celebración fíxose en torno a unha mesa un pouco máis arriba de «no Restaurante Dous Ríos, convidados pola comisión de festas, para recuperar as forzas deixadas no estadio, con saborosos entremeses variados, cabrito con patacas e leituga local. Cos doces correron os licores e como non podía ser doutro xeito, viño da “Comperativa” Jesús Nazareno de O Barco».

Un brinde e un aplauso polos que xa non están e un recordo eterno daquel 29 de abril de 1973. «Hoxe, 50 anos dispois, aquel espírito de amizade mantense vivo grazas a que aqueles entrañables recordos emocionantes que desde aquí dedicaremos especialmente a Goyo e Manolo Vergara, do mellorciño que temos coñecido, ao longo do noso andar pola vida adiante», remata Isidro García Tato.