Eco dos Teixos organiza o seu campamento anual de verán

Vistas dende Eco dos Teixos
O albergue rural acolleu dous programas internacionais no mes de xullo e un nacional en agosto. Pedro Domínguez, un dos propietarios das instalacións, ofrece máis detalles sobre estas actividades

Casaio volverase a encher de nenos un ano máis da man de Eco dos Teixos. Regresa unha nova edición o campamento infantil —para nenos de idades comprendidas entre 7 e 11 anos— de Elba Rodríguez y Pedro Domínguez, propietarios do albergue rural. 

As actividades comezarán dende o 25 até o 28 de agosto. Catro días nos que os máis pequenos da casa poderán desfrutar de «teatro, danza ou rutas», enumera Pedro, aínda que haberá moitas máis actividades ao aire libre. 

A pesar de contar xa con 20 inscritos aínda quedan algunhas prazas dispoñibles. Para aquelas persoas que estean interesadas en que os seus nenos descubran estas montañas soamente teñen que pórse en contacto cos propietarios ou mediante a páxina web de Eco dos Teixos. 

Eco dos Teixos vólvese internacional

«O mes pasado tivemos bastante movemento», así é como recorda Pedro xullo. Unha época na que acolleron dous programas con arredor de 60 rapaces de diferentes países de Europa. 

Durante a súa estancia no albergue realizaron diferentes convivencias. «Un programa era sobre benestar e outro sobre ecoloxía», recorda. Así mesmo tamén guiaron rutas de sendeirismo pola montaña, un dos seus grandes atractivos. 

Ámbolos os propietarios traballan todo o ano para «darnos a coñecer». Con este esforzo chegaron até unha asociación de Bulgaria «que se interesou polo noso espazo». Esta visita provocou que os veciños de Casaio tamén «desfrutaran de algunha maneira». 

Con motivo desta boa experiencia, tanto Elba como Pedro, xa está en comunicación con esta mesma asociación para «seguir co programa en novembro». 

Agosto e un programa nacional

Como é habitual, agosto é un mes de vacacións e viaxes en familia onde «moitos deles elixen saír dos circuítos máis masificados». Sumado a estas visitas tamén acolleron un programa que xestiona a Cooperativa Aventeira de educación social. 

En este caso visitaron as instalacións un grupo de xoves de toda España entre 20 a 30 anos. Esta actividade centrábase en discursos contra o odio, «o que traballan con movementos ou lugares onde houbo algunha loita social». 

O pasado luns, 19 de agosto, realizaron unha ruta até San Xil con Carlos Tejerizo. Durante a visita «coñecemos de primeira man os montes comunais, as loitas e a Cidade da Selva».