Casaio volveu a render homenaxe a San Xil
Casaio celebrou un ano máis a festividade de San Xil na capela dedicada ao santo, situada ao carón do río que leva o seu nome.
A xornada comezou coa misa e a tradicional procesión, pero, como manda a costume, o máis importante chegou despois: compartir o día coa familia e cos amigos.
Moitos dos asistentes reuníronse nas mesas e parrillas habilitadas nos arredores da capela, mentres outros optaron polos sequeiros e antigos refuxios de pastores e gando, convertidos por unhas horas en lugares de encontro.
Refrescarse na fonte de auga fresca, botar un baile ou ata ir ata Pala de Cabras para ver as pinturas rupestres foron outras das actividades fritas neste día tan sinalado para a xente de Casaio.
A comida foi abundante, con especial protagonismo para a carne á grella, acompañada de música e bo ambiente. A festa prolongouse ao longo do día, ata que o sol se foi poñendo detrás das montañas de Trevinca, pechando unha xornada de convivencia e tradición.