viernes. 19.04.2024
PORTADA

O concello da Rúa xa ten a solución para o tramo de 1,5 kilómetros do Camiño de Inverno que discurre pola actual OU-603, que une o límite con Vilamartín e a entrada á Rúa Vella. “Un voladizo sobre a estrada naquelas partes sen beiravía que se plantexan perigosas para os peregrinos”, así o afirma o alcalde de A Rúa, Luis Fernández Gudiña. Anuncia ademáis o rexedor que “agora estamos dándolle a forma definitiva, elaborando unha memoria na que se recolla toda a problemática que ten a zona e poder presentala aos organismos competentes”.

Logo de celebrar varias reunións coa Asociación de Amigos do Camiño de Inverno, finalmente foi esta opción a elexida, para á que se conta cun orzamento de 450.000 euros, deixando atrás a outra opción de construir unha pasarela sobre a N-120.

Pola súa banda, a asociación “felicita ao concello de A Rúa por buscar unha solución, que en todo momento tivo a vontade de encontrala”, explica a súa presidenta, Asuncion Arias. “Nós insistimos porque o peregrino estaba en perigo, non queriamos esperar a que houbera unha desgracia persoal para tomar cartas no asunto”. Recorda a presidenta que actualmente o camiñante “vai pisando unha liña reflectora na calzada da escasa anchura do pé e ao paso de camións de gran tonelaxe cabe a posibilidade de ser arrastrado pola velocidade”.

Para Asunción Arias a búsqueda dunha solución non remata aquí, “agora lóxicamente hai que buscar a maneira de levalo a cabo o antes posible”. Para elo, o concello buscará a colaboración de diferentes organismos e así poder obter a financiación necesaria que faga posible a obra.

Un voladizo, a solución para o tramo perigoso do Camiño entre Vilamartín e A Rúa