viernes. 29.03.2024

Dende a Xunta de Galicia deron luz verda a reapertura de todas ás rutas xacobeas, incluída a do Camiño de Inverno o 9 de maio

O 9 de maio, ca fin do Estado de Alarma o Camiño de Inverno reabrirá a súa ruta. Así o confirmou Asunción Arias, presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras. Malia todo, e as chamadas dos camiñantes, dende a asociación prefiren esperar a confirmar a situación que se de a partir dese día para comezar a aconsellar facer a ruta.

Entre as preocupacións da presidenta, xunto ao remate da sinalización que viuse demorada por casos da Covid na empresa encargada, está tamén a apertura e a consecución de posibles achegas para os albergues privados por parte da Xunta.

Asunción Arias salientou que moitos transeúntes pódense ver abocados a non ter onde durmir en caso de que estes espazos permanezcan pechados ante a carencia de establecementos públicos. Por elo recomendan que acudan a puntos de información para coñecer hoteis, hostais ou hospedaxes onde poder pernoctar.

Arias también subliñou o estado de parte do trazado na zona entre Quereño e Pumares. Esto débese a que parte do aglomerado da vía férrea afundiuse chegando atra parte do camiño dificultado o paso dos peregrinos. Actualmente están traballando para subsanar estas deficiencias tratando de resolver se pertence ao Concello de Rubiá ou de Carballeda.

O Camiño de Inverno reabre o 9 de maio