E min ensinoume ela, eu ensinei aos meus fillos e a ti quen te ensinou?

No verán cando paseábamos polo monte, e mesmo preto onde eu vivía, atopábamos nas silvas este froito, as moras. A veira dos camiños había centos e o carón delas unha herba para poder ensartalas —ou facer un colar como dicía a miña nai— e levalas para compartilas co abó, os primos ou os nenos da barriada. Na nosa casa nunca se fillo nin doce, nin marmelada, comiámolas directamente da palla onda estaban ensartadas, e ben saborosas que estaban.

Este froito que a min me parece riquísimo primeiro é de cor verde, logo dun roxo intenso e cando xa está maduro, e totalmente negro cas gras moi gordas.

Cando están verdes son ricas en taninos —como as uvas— e resultan ácidas e ásperas ao padal. Nesta etapa son adstrinxentes e refrescantes. Cando están maduras os taninos diminúen e teñen un doce especial, e toman propiedades tónicas, depurativas e laxantes. Teñen poucas calorías, moita fibra —boa para combater o estrinximento e facilitar o tránsito intestinal— e antioxidantes como a vitamina C.

Hai moitos refráns, a min o que máis me gusta é ese que di: «A mancha dunha mora con outra verde se quita», porque realmente é certo, sobre todo no seu significado literal.

A min ensinoume a miña nai a metelas na herba seca y eu transmitinlle esa, e outras costumes aos meus fillos, outro día cóntovos outra a través dunha foto. Parécevos?