Comeza o I Campus de Verán de A Rúa

O CD Rúa, en colaboración co concello, inaugurou esta mañá o I Campus de Verán de A Rúa, que terá lugar dende hoxe luns, ata o vindeiro domingo 9 de xullo.

Ata o Aguillón, lugar onde  terá lugar o campus, achegáronse os adestradores e monitores, así como o concelleiro de deportes, Avelino Fernández e o alcalde de A Rúa, Luís Fernández Gudiña, que inaugurou esta semana de actividades recordándolle aos cativos que o importante é pásalo ben e gozar da experiencia.

O horario será de 10:00 a 14:00 horas no campo Novo Aguillón de A Rúa. Todas as actividades do campus realizaranse por monitores especializados na materia.

Para a apertura deste Campus, os organizadores invitaron a Pablo Martínez, ex xogador rués e preparador físico, que traballou con clubes como o Deportivo. Durante esta mañá, Pablo contoulles aos rapaces a súa experiencia e realizou con eles varias actividades.

Tamén a popular xogadora de fútbol sala, Andrea Carid, pasará unha xornada cos participantes no campus, contando a súa experiencia persoal para enraizar así a presenza o fútbol feminino. A xogadora internacional, que milita actualmente no Ourense Envialia, animará aos rapaces e rapazas a apoiar tamén o fútbol feminino, así como a fomentar a igualdade entre nenos e nenas.