O CEIP Divina Pastora achéganse á tradición galega
26 de mayo de 2017 (12:28 h.)
Sinte Galicia, a Nosa Terra! Con este lema como inspiración, os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de O Barco de Valdeorras, traballan nun proxecto de aula moi motivador, lúdico e cheo de novas experiencias.
Baseándose no traballo cooperativo, nas distintas dinámicas dentro e fora da aula e tendo en conta as intelixencias múltiples, os alumnos gozaron aprendendo xeografía, folclore, gastronomía, xogos populares e literatura Galega.
Para rematar o proxecto puxeron en práctica o aprendido a través de creativos obradoiros; elaboración dun faro, saco de bolillos…