Trives celebra o Día da Bici

O día 6 de agosto, celébrase o Día da Bici, actividade organizada polo Concello de A Pobra de Trives. Unha iniciativa acollida con moito agrado polos veciños do pobo a que, ano tras ano, asisten participando en familia e disfrutando desta actividade ecolóxica e deportiva. Un ano máis bicis serán as donas das rúas de Trives na mañá do domingo, 6 de agosto. Dous percorridos diferentes, un de 4 quilómetros aproximadamente e outro para os pequerrechiños de uns 800 metros. As dúas rutas serán totalmente urbanas. Desta volta o Día da Bici terá a súa saída na Finca da Barreira ás 12 da mañá e as inscricións tamén serán alí a partires das 10 da mañá.