Os xuvenís do CD Barco, Campións da Copa Deputación
Temporada prácticamente perfecta a que acaba de rematar o equipo xuvenil do Centro de Deportes Barco. O pasado fin de semana xogaba a final da Copa Deputación en A Carabina, (Loñoa, Ourense) contra o C.D. Velle, gañando 2 a 0 e facéndose co título.
Foi a guinda da temporada para este equipo base do fútbol barquense, xa que, ademais, os de Ricardo Prada ascenderon á Liga Galega despois de máis de 25 anos.
Dos 36 partidos que xogaron esta temporada, gañaron 34, empataron 1 e perderon tan só 1 encontro. Agora, ás promesas do fútbol valdeorrés tócalles descansar, facer valoración da temporada e comezar a pensar xa na vindeira, na que estrearán categoría.
O presidente do club, Nilo Ramos, quixo dar a noraboa ao equipo, e en especial ao adestrador: "Ahora toca felicitar a Ricardo Prada, que ha hecho un gran trabajo y es un histórico del fútbol barquense".
Ahora, o equipo Cadete, ás órdes de Gunti, sigue na loita polo ascenso. Xogará o partido decisivo a próxima semana: "sería una forma de redondear la temporada general del Centro de Deportes Barco", comentaba Nilo Ramos.
O primeiro equipo xa despediu a temporada certificando a súa permanencia en Tercera División, que era o principal obxectivo dos de Javi Rey.
*Fotos cedidas