A Veiga teceu soños ao son de Luar na Lubre
A Veiga volveu encher a capitalidade do concello cos traballos e labores feitas durante todo o ano polas mulleres dos distintos pobos que engalanaron prazas e rúas «Tecendo Soños».
Ás oito da tarde os integrantes da Escola de Música Municipal partía desde a Praza do Concello ate a do Toural invitando aos veciños a que se unisen á comitiva para,ao son da música achegarse a zona do Toural onde se celebrou o acto de apertura.
«Nace no 2016 por una loucura da miña compañeira Esther que me di que ten una idea para as mulleres de A Veiga. Nese momento foi un si para iso e todo o que necesitara», con estas emotivas palabras, Alicia Villanueva comezaba o acto inaugural do Tecendo Soños 2024.
O proxecto impulsado pola área de Política Social do Concello da Veiga que ten como finalidade fomentar o asociacionismo entre as mulleres, recibiu a loubanza da directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana. A responsable de igualdade asistiu á inauguración do evento e estivo acompañada polo alcalde da Veiga, Juan Anta; o tenente de alcalde, Vicente Lameiro; outros membros da corporación municipal, e por suposto, as veciñas e veciños do municipio.
A idea principal do proxecto inicial era impulsar as accións que favorecerán a igualdade de oportunidades e fomentaran a participación social. «Ofrecer ás mulleres que saíran do ámbito privado das súas vivendas dándolle un ambiente propicio para estar xuntas, para falar, para as súas inquedanzas e sobre todo, actuacións de sensibilización e difusión en materia de igualdade de oportunidades», sinalou a presentadora do acto.
Agradeceuse, entre aplausos, a cada unha das asociacións a participación nun proxecto que permite evitar situacións de illamento e soidade e onde se «comparte ademais de problemas, experiencias». «Un inmenso agradecemento» a: Ponte, Xares, Lamalonga, Seoane, Prada, Vilanova, Residencia santa María de A Veiga, Casas Niño, Asociación de Mulleres de A Veiga.
O coro «Voces de Trevinca» coas pezas «Volver» e o «Ben Querer», deu paso a intervención da directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, quen sinalou: «É moito mellor do que me imaxinaba. É una marabilla ver coma un pequeno concello de 900 habitantes sexa máis activo e estea máis unido que un de 10000. Teño certa envexa do que está a acontecer aquí».
E, é que a directora desexaría que a súa avoa Fina, e o resto de mulleres do rural «houbese tido proxectos coma este que a levara a saír da casa e atoparse con mulleres que coma ela se adicaron a coidarnos a nos e a traballar na casa».
Felicitou ao alcalde por «un proxecto, dos que marcan e que debería haber moitísimos. Creo que é a mostra dun concello que aposta polo asociacionismo feminino, polas persoas e pola xente do rural». Puxo en valor este programa que permite crear un espazo de benestar e de sociabilidade das mulleres do rural e así loitar contra o illamento, ao tempo que se recuperan tradicións e se aposta pola sustentabilidade e a reciclaxe.
O Goberno galego colabora co Concello da Veiga e a Asociación Centro de Animación Rural de Mulleres da Veiga na posta en marcha desta iniciativa que se leva a cabo desde o ano 2016. A directora xeral animou ás mulleres que compoñen esta iniciativa a seguir reuníndose, creando e dando vida ao seu entorno máis inmediato.
Ao remate dos actos de Tecendo Soños a música corría a cargo de Luar na Lubre que interpretou a súa música e cántigos melodiosos.
Fotografía y vídeo: Alicia Blanco.