A Veiga pagará o 95% da licenza de obra dos novos negocios na localidade
O Concello de A Veiga axudará aos emprendedores grazas a unha modificación do imposto de construcións, instalacións e obras, publicado recentemente no Boletín Oficial da Provincia.
Esta medida únese á aprobada a inicios do ano pasado, mediante a cal A Veiga subvencionaba a cuota de autónomos aos emprendedores do municipio. Deste modo, o concello pagaba a cuota durante 12 meses consecutivos: os tres primeiros abonaban o 100% da cuota, ata o sexto mes o 75% e o resto do tiempo, ata os 12 meses o 50%. Esta medida favoreceu a un total de oito persoas.
Agora, todo aquel que queira montar un novo negocio no municipio estará exento de pagar o 95% da licenza de obra, facéndose cargo o concello. "Son medidas de carácter innovador que estamos adoptando, para facilitar que a xente poida traballar e poida invertir en A Veiga dunha maneira máis fácil", explica o alcalde, Juan Anta.
Anta asegurou que xa hai un particular que está pensando en montar un hotel con spa na localidade e incluso algún interesado en facer unha casa de turismo rural.
Estas medidas, xunto co proxecto do centro apícola de Prada, para o que hai apuntadas 37 persoas, crean emprego e dinamizan a economía local. “Se desas 37 quedan 5 ou 10, teremos unha das maiores empresas de A Veiga recén constituida”, sentenciou o alcalde.
Ao mesmo tempo o Concello de A Veiga traballa tamén en varias obras en distintos pobos. Segundo anunciou Juan Anta, xa están en marcha obras de saneamento nos pobos de Corixido, Casdenodres, Namalonga e Espiño e outra de asfaltado en dous pobos máis de A Veiga, así como tamén traballan, xunto con Confederación, no proxecto de obras das pontes de Xares e Ponte, que se adxudicarán en setembro e comezarán no vindeiro mes de outubro.
"Dixemos ao principio da lexislatura que íamos a facer obras en todos os pobos e eu creo que esa promesa a imos cumprir xa na metade da lexislatura e que se van a facer obras importantes en todos os núcleos", sinalou Juan Anta, engadindo que "a aposta polo turismo tamén é notable, pero evidentemente os pobos son a nosa prioridade, todo debe ir de maneira paralela".