O pobo de Prada en A Veiga deixará de ter problemas de abastecemento de auga

O Concello da Veiga sacará nos próximos días a licitación unha obra de traida de auga para o pobo de Prada por un prezo de cerca de 40.000 euros. Explica o alcalde que se trata «dun problema de abastecemento que acarrean dende hai moito tempo» xa que «todos os veráns tiñamos os mesmos problemas de si había auga ou non, agora encontraron un bo manantial e imos facer a traída dende unha distancia considerable ao depósito».

Ao término desta semana, comezos da seguinte, anunciará o Concello o comezo de obras en preto de nove pobos máis.