Juan Anta: «É o momento da reivindicación de que os pobos seguen con vida»,

Foto de familia
Anta saudando ao presidente da Deputación, luís menor
Luís Menor durante o seu discurso
A xerente do Inorde, Emma González, con Mario Nogieira e os seus bois
Anta aconpañado por Paula Prado e María del Carmén González, percorrendo a feira
Agarimoso saúdo a meniña de Anta, Noa, ante a presenza de Juan e Soraya
Prado e Anta pousan para a imaxe cos bois de mario
Percorrido de autoridades por Crianza Trevinca
A Real Banda da Deputación actuando na xornada inaugural
Antra, Prado e González na foto de familia
Juan Anta percorrendo o recinto e conversando cos asistentes á feira
Anta e Alfredo García, alcalde do Barco
Anta e María del Carmen González, alcaldesa de Carballeda, deputada provincial e delegada especial para Valdeorras
Traballadores do Concello
Membros da Real Banda da deputación
Os GES e traballadores do Concello xuntos mau a mau
Os membros de Protección Civil e GES da Veiga velan pola seguridade e benestar dos asistentes
Dous membros do GES da Veiga
Foto de familia
Asistentes ao acto inaugural
Asistentes ao acto inaugural
A inauguración de Crianza Trevinca asistiu ademáis do presidente provincial, a xerente do Inorde, o director de Agacal, a presidenta do PP de Galicia, a deputada provincial e delegada especial para Valdeorras e o deputado de Dinamización do Medio Rural e máis de 20 alcaldes das comarcas de Valdeorras, Trives, A Limia e Baixa Limia.

Ao acto inaugural de Crianza Trevinca, a feira agroalimentaria da Veiga, asistiu unha ampla representación da política local, provincial e rexional, entre os que se atopaba o presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor; a xerente do Inorde, Emma González; o director de Axencia Galega da Calidade Alimentaria —Agacal—, José Luis Cabarcos; e a presidenta do PP de Galicia, Paula Prado.

Tamén estiveron presentes a deputada provincial e delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, o deputado de Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, e máis de 20 alcaldes e alcaldesas das comarcas de Valdeorras, Trives, A Limia e Baixa Limia.

Crianza Trevinca celebrase durante toda a fin de semana. Ao longo dos dous días que dura a feira poderanse ver oficios tradicionais como o arado con bois, a malla ou a elaboración de augardente. Haberá unha exposición de tratores —algún de máis de 80 anos—,carros, apeiros de labranza e por suposto, gando.

Anta agradecendo cun apretón de máns o descurso do presidente da Deputación

A Real Banda da Deputación de Ourense puxo a música na xornada inaugural, na que non faltou o antigo himno de Galicia e  logo percorreu o recinto. Tamén participou a Banda de gaitas e Pandereteiras da Veiga. Se queres escoitar as pezas da Real Banda e o desfile polo recinto, preme aquí.

O descursos inaugurales correron a cargo do anfitrión, o alcalde da Veiga, Juan Anta; o presidente da Deputación, Luís Menor e o director de Agacal —Axencia Galega de Calidade Alimentaria», José Luís Cabarcos, conducindo e presentanto o acto, Raquel da Veiga.

Membros de Protección Civil e do GEs da Veiga no primeiro día de Crianza Trevinca
 

Anta: «É moito máis que un evento de calquera clase, é e o momento da reivindicación de que os pobos seguen con vida»,

Despois de  agradecer a presenza de autoridades comarcais,  provinciais e rexionais o alcalde da Veiga Juan Anta, reivindicou o carácter da feira e tamén deu ás grazas aos gandeiros, aos dos postos, ao persoal do concello e a toda a xente que fixo posible o evento.

«Esta feira nace porque creemos nas nosas raíces», comezou o seu discurso inaugural , no que resaltu, ademais, «Creemos saber de onde vimos e onde queremos ir, cremos en xente como os gandeiros que son a alma do territorio e que fan todo porque siga vivo».

Veciños no acto inaugural

Non faltou a mención aos maiores, os que Anta implica nas actividades que se fan desde o seu Concello e nos que pensou á hora de proxectar á feira e segundo pon de relevo, «significa que a xente maior se emocione cando chega aquí, porque ve oficios que hai moitos anos que non vía». «E moito máis que un evento de calquera clase, é o momento da reivindicación de que os pobos seguen con vida», subliñou.

No capítulo de agradecementos comezou polos gandeiros, «son a alma do territorio»; aos dos postos «os da maquinaria, os dos oficios tradicionais...»; para as autoridades entre as  que se atopaba o director de Agacal, aos compañeiros alcaldes de «un montón de  concellos», a secretaria do Partido Popular, a xerente do Inorde, e sobre todo o pueblo e a xente, porque esta feira e vosa».

Paseo polo recinto con Paula Prado e María del Carmen González na imaxe

Paro o presidente da Deputación tivo unhas palabras directas e especiais: «é a primeira vez que estás aquí desde que es presidente. Confío plenamente no presidente da Deputación, confío plenamente nunha persoa traballadora e honrada que sempre está disposto  a colaborar e cooperar cos concellos, por iso na Veiga terás un aliado como sei que na Deputación A Veiga tamén o terá».

Os traballadores do Concello tamén requiriron por parte do alcalde os aplauso maior para un «equipo multidisciplinar, porque cando onte chegabas por aquí vías a auxiliar administrativo anotando as vacas, a traballadora social colocando os carros, o xefe do GES o día festivo ás dez e media da noite chámalo e aí está para reunirse para ver o que se pode facer, e a Raquel que odia presentar pero que sempre ten que presentar e que sempre ten ese sorriso a pesar do esforzo destes días e o noso equipo de goberno que entre todos facemos  posible esto».

 

Menor: «Crianza Trevinca da Veiga como exemplo para recuperar, manter e conservar viva a memoria da tradición rural»

O presidente da Deputación participou na xornada inaugural dunha feira que, dixo, reivindica a singularidade dun territorio, esencial para comprender o xeito de vida nestas terras", falando expresamente da montaña e da gandería

Agradecido pola invitación a visitar a exposición, Luis Menor recoñeceu o orgullo que debe sentir un alcalde cando, como no caso desta feira, "reivindícase a singularidade dun territorio como A Veiga, singularidade esencial para comprender o xeito de vida nestas terras", falando expresamente da montaña e da gandería.

Luis Menor, presidente da Deputación, nun momento do seu discurso

Advertiu que un pobo sen memoria "vai camiño de perder a súa identidade", polo que abogou por celebracións como esta para manter vivos os costumes, a cultura artesanal e de oficios tradicionais "dos que aquí tendes moitos e variados exemplos". Neste sentido, Menor ratificou o apoio da Deputación a canta iniciativa teña como principal obxectivo "manter vivos os nosos xeitos de vivir".

Cabarcos: «Moitas oportunidades vencelladas a ese rural con vida que desexamos desde a Consellería»

O director de Agacal —Axencia Galega de Calidade Alimentaria», José Luís Cabarcos, da que dependen as denominacións de orixe e as indicacións xeográficas de Galicia, subliñou o tesón con que o alcalde da Veiga está recuperando o territorio abandonado e puxo por exemplo «os prados recuperados, a aldea modelo de Meixide que tamén viu esa oportunidade ou o futuro polígono agrario e moitas oportunidades vencelladas a ese rural con vida que é o que desexamos desde a consellería de Medio Rural».

Felicitou ao alcalde e a todo o seu equipo  «porque esto e verdade que non se fai só, pero si que un alcalde co liderazgo e cas ideas claras como as que ten Juan a Veiga ten máis futuro»

 

Prado: «Reafirmo o meu compromiso co rural e coa comarca de Valdeorras»

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, reivindicou na Veiga o compromiso do PPdeG co rural e coa comarca de Valdeorras, no marco da III Exposición Agrogandeira de Trevinca, Crianza Trevinca, que se celebra esta fin de semana no concello da Veiga.

Na súa primeira visita á Veiga desde que é secretaria xeral, felicitou ao alcalde, Juan Anta, pola exemplar xestión do seu municipio, que o levou a acadar máis dun 76% nas últimas eleccións locais e 6 dos 7 concelleiros. Un resultado que, segundo a número dous dos populares galegos, demostra que o PPdeG está apegado ao territorio en toda Galicia, liderando cidades como Ferrol ou, no outro extremo da Comunidade, acadando varias maiorías fortes na comarca de Valdeorras.

Prado e Anta facendo un pousado cos bois de Mario Nogueira

Prado exemplifica isto coas medidas do Goberno de Alfonso Rueda para facilitar o asentamento e os servizos no rural, como son as casas niño, as casas do maior, a política de impostos cero no rural, os polos de emprendemento, as axudas ao agro, as concentracións parcelarias ou os preto dun cento de centros de saúde renovados.

A presidenta do Inorde. Emma González, con Mario Nogueira