A Veiga terá unha nova residencia de maiores
O Concello ven de firmar un convenio ca Xunta de Galicia para a súa construcción na que tamén colaborará a Deputación de Ourense
Un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello da Veiga permitirá a construción dunha nova residencia de maiores no municipio rexido por Juan Anta. Está previsto que este documento se asine no primeiro trimestre deste 2020. A Deputación Provincial de Ourense tamén colaborará no proxecto.
O investimento da Xunta de Galicia será de 300.000 euros a través da Consellería de Política Social. Outros 300.000 serán os que achegue a Deputación de Ourense, e 100.000 O Concello da Veiga.
O concello da Veiga será o encargado da construción do edificio, que será de titularidade municipal. A residencia situarase nun terreo próximo ao núcleo urbano. «Temos xa varios pensandos. Unha vez teñamos claro como será a estrutura final, veremos cal é o lugar adecuado», asegura Juan Anta.
Outro dos requisitos indispensables do novo edificio será a «comodidade e que esté moi próximo ó que é un fogar». «Non haberá un número alto de persoas —entre 25 e 35—, pero si tentaremos que estean cómodas e que, cando necesiten a compañía das súas familias, teñan intimidade», subliña Anta.
Amplas zonas verdes para o goce dos maiores, é outro dos requisitos que ten que cumplir o novo edificio.
Con esta actuación, o Goberno galego reafirma o seu compromiso coas persoas maiores e con poñer á disposición destas máis programas e servizos que melloren o seu benestar e o das súas familias. De feito, a Consellería de Política Social investirá este ano 450 millóns de euros, un 5% máis que en 2019, á atención aos maiores e á dependencia.
O obxectivo da Xunta é atender antes de que finalice o ano a 65.000 dependentes, unha vez superada xa desde metade desta lexislatura a meta inicial dos 60.000. Nos últimos dez anos, Galicia multiplicou por tres as prazas públicas en centros de día, ata dispoñer hoxe de máis de 3300; e incrementou en máis dun 42% as prazas públicas en residencias ata superar as 8000 da actualidade.
Desde o Concello agradecen á Xunta de Galicia a súa colaboración neste proxecto residencial para os maiores da Veiga que se porá en marcha o longo deste ano coa colaboración da Deputación.
Por parte da Deputación de Ourense: «Como Concello dos Concellos sempre está ao carón, apoiando iniciativas como a que se presenta que é ademais un novo concepto de centro residencial da terceira idade, na que os usuarios poderán gozar dun envellecemento activo na súa contorna natural. Protexer o rural tamén é coidar do noso patrimonio máis prezado que son os nosos maiores e iniciativas deste tipo melloran a calidade de vida das persoas que conta cun concepto novo onde os seus habitantes poderán gozar da súa contorna natural.Palabras descoñecidas».