O entroido na Veiga segue este sábado cun desfile de folións
Máis dunha ducia de folións encherán de son as rúas da Veiga esta tarde
Se normalmente o
Entroido remata o Mércores de Cinza ca queima do lardeiro e da lardeira ou cos
choros no enterro da sardiña, os do Folión da Veiga decidiron que na súa terra
o Entroido chega o seu fin o primeiro sábado de Coáresma, e faino con moito
ruido polas rúas do municipio.
Unha ducia de
folións invitados de todos os puntos da provincia: A Gudiña, Viana do Bolo, O
Bolo, Vilariño, Petín ou Terras de Trives, baterán aixadas e follas de gadaña,
pero sobre todo farán soar os bombos.
O desfile
comezará as 16:30 horas e nel participarán ao redor de 400 persoas, só o Folión
da Veiga —anfitrión do desfile— levará 60 compoñentes. Estarán os folións de Trives:
As Maceiras, Os labregos e A Lardeira. Desde A Gudiña achegaránse a Asociación
Cultural Fulión de Carracedo da Serra y a Asociación Cultural O Tameirón. De
Viana do Bolo veñen o Folión de Feadelo, Penouta e Ramilo, o de Bembibre e o de
Cabo da Vila. O folión de Mormentelos chega do Concello de Vilariño de Conso e
o de Buxán do do Bolo. E, Xa por último, pero non menos importante, o Folión de
Petín co seu toro faralle competencia os Bois da Veiga.
Non faltarán a Morte, os Charrelos e os Bois, figuras do Entroido da Veiga que foron documentadas nun estudio elaborado por la Universidade de Vigo. Nel participaron Fátima Braña, Carlos Ares, Víctor Rodríguez y Lois Pardo quen contaron ca testemuña dos veciños do para inmortalizar estas tradicións. O traballo, solicitado polo alcalde, Juan Anta, a petición de Manuela González, presidenta de la Asociación Son de Trevinca, Fulión de A Veiga foi presentado o pasado mes de febreiro no salón de actos do Toural.
Dos excesos do
Entroido pásase ao tempo de Coáresma no que se suprimen, ou suprimían mellor dito,
os divertimentos, a carne. Na Veiga aínda en tempo de Coaresma seguen coa
troula e hoxe a partires das 16:30 horas poderalo comprobar.