viernes. 29.03.2024

O novo programa de radio «Xentes de Valdeorras» quere poñer en valor a comarca a través das persoas que non sendo de aquí decidiron facer esta a súa terra

O mércores 23 de outubro comezaba un novo espazo en Radio Valdeorras Onda Cero, «Xentes de Valeorras». O produtor de audiovisual e creador da canle Mendello TV, Cristian López Vázquez, traerá ás ondas, unha vez ó mes, unha historia de  «xente que vive en Valdeorras pero non é  de aquí», segundo as súas propias palabras. Historias persoais  para poñer en valor «o noso».

«Considero que todo o mundo ten unha entrevista o caso é facer as preguntas axeitadas», reflexiona Cristian  polo feito de que as personaxes deste espazo van ser persoas da rúa. «Temos moito bonito, moito importante  e moito que recoñecer e esta xente que ven de fora valora máis o que temos aquí», por iso Cristian decidiu entrevistar  a estas persoas, xa que os valdeorreses «non nos damos conta do verdadeiro tesouro que temos na nosa comarca.

Ademais, pensa que é un bo momento para apostar  por Valdeorras e sacarlle todo o bo que ten ou polo menos facelo visible, «é un momento no que a xente nova quere marchar para buscar traballo, cando aquí hai moitas posibilidades».

O creador de Mendello TV  retratra a comarca a través das personaxes que entrevista, xente da pé  a que hai que escoitar porque «son parte de Valdeorras e da nosa sociedade».

Neste primeiro programa achegouse até Mones para entrevistar a Pedro, un madrileño que vivía en Alcorcón aínda que de nai de Mones e de pai da Acebeda . Fuxindo do «estrés, agobios, caravanas, coches y asfalto», Pedro o pouco de chegar atopou traballo pero logo de nove meses, a canteira de lousa na que traballaba na mesma vila onde vive pechou e con ela ás súas ilusións. Sen traballo e esgotado o paro volveu a Madrid pero pouco tardo u en voltar para quedarse.

Amante da natureza « me encanta el monte, el río, pescar, ir por setas y pasear a mi perro» ten en Mones, ademais dunhas vistas impresionantes do val  o seu xeito de vida. Bota de menos o cine e o teatro e quéixase de que as comunicacións son malas e necesítase o coche para moverse dun lugar a outro pero, segundo Pedro «a mi me compensa con  la naturaleza». Só bota de menos a súa xente pero cando pode vai visitalos.

Se queres escoitar o programa emitido en Radio Valdeorras, fai click na seguinte ligazón:

O vídeo da entrevista que Cristian lle fixo a Pedro pódelo ver na cale de Mandello TV:

https://www.youtube.com/watch?v=dxIzi-j8vF4&t=26s

Cristian López: «Vou entrevistar a xente que vive en Valdeorras pero que non é de aquí»