viernes. 19.04.2024

As consecuencias da seca no campo é un suma e segue. Outro dos sectores afectados pola falta de auga son os apicultores que perderon entre un 60 e un 70% da súa produción. É o caso de Elías Álvarez, quen nas últimas colleitas viña recollendo máis de cen toneladase este ano apenas chegou as corenta. Unhas cifras agardadas pola situación do campo xa o inverno pasado, pero que non deixan un panorama moi esperanzador para o futuro inmediato e obrogará ós apicultores a alimentar as abellas con glucosa e outros componentes de apoio.

O principal risco, segundo Álvarez, é a posible morte masiva de abellas polo frío, xa que os paneis están baleiros e as abellas non producen reservas para o inverno, así que o frío pode acabar con elas. «Están moi débiles, hai zonas de alta montaña onde non houbo floración ningunha de castiñeiro nin da lanza do carballo, así que é dificil que as abellas máis vellas pasen o inverno, de feito quedan poucas» asegura Elías dende a sede da súa empresa na Rúa.

Elías Álvarez recolleu este ano moitos paneis sen ningunha produción e que acumula na súa nave

A nave de Elías está este ano máis chea que nunca xa que ó moitos dos paneis chegaron baleiros do monte. Este apicultor conta cunhas tres mil colmeas repartidas por toda a comarca pero non comercializa directamente cunha marca, se non que vende o produto nos paneis a una empresa que é a que o extrae e comercializa. Ten colmeas instaladas en zonas de val, como Montefurado, e tamén en alta montaña, pola Veiga e Carballeda. De feito é o único en valdeorras que fai trashumancia levándose as colmeas ás zonas altas despois dunha primeira colleita en xuño. Elías explica «A finais da primavera collemos a mel froito do breixo e dos frutais e movemos as colmeas á zona de montaña para aproveitar a floración do castiñeiro, pero este ano a xeada de agosto matou toda a flor, así que en moitos casos foi en balde e esa segunda colleita xa non se deu».

AUDIO. Os apicultores advirten do risco da morte masiva de abellas pola seca