A VI Ruta BTT Xabarís percorrerá A Rúa este domingo
Este domingo 9 de xullo terá lugar a VI edición de la Ruta BTT Xabarís de A Rúa, que salirá de O Aguillón ás 9:30 da mañá.
Esperase que arredor de 200 bicicletas cheguen a Valdeorras procedentes, sobre todo da comarca, pero tamén de zonas próximas como Ponferrada ou Monforte de Lemos.
Ademais, por primeira vez, este ano a organización dispuxo tamén unha andaina para todo aquel que queira facer unha ruta a pé.
Esta edición, a parte da andaina que consistirá nun percorrido de arredor de 10 km, haberá dúas rutas en bicicleta. Unha longa, de 42 km e outra máis curta, de arredor de 30 km.
Durante o percorrido, os participantes contarán con asistencia técnica e presenza de mecánicos por si tiveses problemas coas bicicletas.
O prezo de inscrición, que se manterá aberta ata o venres pola mañá, é de 20 euros para a BTT, incluíndo comida, camiseta, seguro e avituallamentos, e 15 euros para a andaina, que tamén inclúe a comida, a camiseta e os avituallamentos.
As inscricións poderán formalizarse en Deportes Tri Sport, no Barco; Bici Racing en Monforte e Bici Zona Élite e Inercia Xtreme en Ponferrada.
Trala recollida de dorsais, que se entregarán a partires das 08:30 horas, sairá a Ruta BTT dende O Aguillón. Dende alí pasarán por Somoza, baixará a San Miguel de Outeiro, logo irá cara San Xulián e Vilela. Dende Vilela pasará por Fontei e irá ata a zona de Robledo. “Intentamos pasar por todos los barrios y zonas de A Rúa”, explica Santiago Pimentel, presidente da organización Os Xabarís.
Ao rematar a ruta, farase unha comida no pavillón, pola que, os que non participaron nas rutas ou na andaina, deberán pagar 12 euros. Alí haberá duchas e aparcamentos para os coches.
Para máis información a organización pon a disposición de todo aquel que o desexe os teléfonos: 679 66 86 56 o 608 16 82 16, así como o correo electrónico: info@arua.gal.