Santiago Villanueva visitará la sede de voluntarios de Protección Civil de A Rúa

A AVPC de A Rúa foi fundada en xullo do 1992 e conta na actualidade con 38 voluntarios con servizo de 24 horas

Este martes, 11 de febreiro, terá lugar a visita ás instalacións da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de A Rúa por parte de persoal de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O acto contará coa presenza do Director Xeral de Emerxencias e Interior Santiago Villanueva.

A AVPC de A Rúa foi fundada en xullo do 1992 e conta na actualidade con 38 voluntarios con servizo de 24 horas. Ademáis dos numerosos operativos que veñen realizando dende a súa creación no Concello de A Rúa, cabe destacar as colaboracións que en operativos de Protección Civil ven realizando esta AVPC fóra do seu Concello. Algunhas tan destacadas como o Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas en Manzaneda ou o 53 Descenso Internacional do Sil.



A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior cedeu a esta agrupación un vehículo furgón Renault Traffic, un desfibrilador e material para a extinción e control da vespa velutina, que supón unha inversión total de 26.238,29 €. Así mesmo foilles concedida ao amparo das órdenes de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil no ano 2019, 1554,41€. Sendo dende o ano 2015 un total de 7663,37 € o recibido pola AVPC de A Rúa para gastos relacionados co funcionamento e material da Agrupación.

Forman a rede de Protección Civil na provincia de Ourense un total de 73 agrupacións de voluntarios . Sendo xunto coa provincia de A Coruña, a provincia de Galicia que maior número de AVPC posúe. A creación de novas AVPC, así como a reactivación no seu funcionamento de algunhas delas son o resultado da “Campaña de Promoción do Voluntariado de Protección Civil” que dende a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior se esta a levar a cabo dende outubro do 2015.

O director xeral de emerxencias Santiago Villanueva destaca o traballo que realizan as agrupacións «como reforzo dos servizos de emerxencias, especialmente en actividades de prevención. Se ben en moitas ocasións son as primeiras en chegar e intervir, prestando unha inestimable colaboración».