sábado. 20.04.2024

Cos únicos votos a favor do goberno bipartito de A Rúa, PSdeG y BNG, e a pesares dos cinco votos en contra do grupo popular da oposición, a ordenanza de terrazas quedaba aprobada no pleno do luns día 7 de maio. Moito foi o debate que desencadenou esta ordenanza, que viña ao pleno «traballada», segundo explicou en varias ocasións o rexedor rués, Luís Fernández Gudiña.« O texto final», explicou, «recolle as aportacións que se fixeron de todas as partes, e que finalmente obtivo a aprobación o pasado 27 de abril». Unha ordenanza, segundo indicou, que se intentou consensuar o máximo posible.

No seu turno de palabra, o portavoz do PP, Avelino García Ferradal, explicou que o seu grupo estaba dacordo na necesidade de regular as terrazas na vila pero discrepaba da forma elexida de facelo, porque «pode supoñer un menosprezo á parte hosteleira». Explicou tamén que quedaban «cousas que matizar, como a regulación das terrazas de uso público pero que son de dominio privado e da, segundo a súa opinión, «mala clasificación que se fai das mesas á hora de establecer criterios comúns para regulalas». Tamén criticou o edil do PP, que a ordenanza «non faga diferencia entre as terrazas con ferramento ou sen él, para as que as tasas establecidas deben ser diferentes». Por todo elo, insistía García Ferradal en deixar a aprobación para máis tarde, «poñela enriba da mesa e volvela a estudiar con máis calma».

A portavoz do BNG e anterior alcaldesa, María González Albert, advertía acto seguido, que «a ordenanza é moi necesaria» e que entenden, como fai o PP, os dereitos dos hosteleiros, que «nunca poden estar enriba dos dereitos dos cidadáns». Calificou González Albert, a ordenanza, de laxa, «ainda que hai cousas que non se poden permitir como que ocupen as beirarrúas todo o ano e que os transeúntes non poidan pasar por algúns sitios».

O alcalde, Luis Fernández Gudiña, intervía de novo e explicaba que «o texto levárase a dúas reunións, se recolleran propostas, alegacións, e se expuxera  públicamente». Por esta razón, non entendía Gudiña a razón pola que os populares non querían agora, votar a favor. En cuanto ao ferramento estable, explicou o alcalde, «o que non pode ser é que o establecemento teña unha ampliación do seu negocio en terreno público». En canto as mesas, explicou, «establecimos en comisión que o pago será por mesa sen ter en conta cantas sillas ten, para de esta forma, simplificar a ordenanza».

Remataba Gudiña a cuestión asegurando que a base da que parte a ordenanza é que todo ese tipo de terrazas son ilegais e que a mellor maneira de regulalas, é precisamente, a ordenanza. A pesar das discrepancias e o voto final en contra, Avelino García Ferradal comprometíase que o seu grupo non ía impugnar a ordenanza en caso de ser aprobada, como así foi finalmente.

A Rúa aproba a ordenanza que regulará as terrazas