Preto de 900 atletas participan no campeonato galego de campo a través da Rúa

Serán en total preto de 900 participantes os que participen no campeonato galego de campo a través que terá lugar no circuito do Aguillón da Rúa, o vindeiro domingo 27 de xaneiro. De todos eles, arredor de 60 serán valdeorreses, pertencentes ao club ADAS do Barco e ao Atletismo Rúa.

Trátase da cita máis relevante do campo a través de Galicia posto que ademáis da participación das categorías sub 18 e sub 16, tamén haberá participación de atletas sub 14, sub 12 e sub 10, «que levan dende fai xa moito anos, a denominación de Memorial Alejandro Lorenzo». Así o explicaba o presidente do club barquense, Agustín González, que engadiu que unha das novidades deste ano é «a celebración da primeira edición do campionato autonómico mixto por relevos, a segunda vez que se vai celebrar en Galicia».

Dos 12 equipos que participan neste último campionato mixto, dous serán os elexidos para representar á comunidade galega no campionato nacional de equipos por clubes que este ano se celebrará en Linares, Jaén.

A presentación do evento tiña lugar na tarde do 23 de xaneiro no consistorio rués e contou ca presenza do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, quen agredeceu ó concello a aposta polo deporte e anunciou «un espectáculo grande», cun circuito «agrado para os atletas e para os espectadores, que poden ver o percorrido na súa totalidade».

Tamén estiveron presentes no acto o alcalde da Rúa, Luis Fernández, o concelleiro de Deportes Avelino Fernández, e representantes da delegación de atletismo en Valdeorras, Manuel Rodríguez e Agustín González, ademáis de membros de Protección Civil e da Policía Local da Rúa.

Pola súa banda, Agustín González suliñou que «técnicamente é un circuito chairo que non ten apenas dificultade, con terreno bastante compacto». En canto á participación, valorou os preto de 900 atletas incritos, sendo «a categoría a infantil a de máis participación».

A proba dará comezo o domingo ás 10.30 horas ca categoría sub 10 femenino e rematará preto das 14.20 horas ca carreira de relevos mixta.