O pleno da Rúa aproba as contas xerais do 2020

O BNG e o PSdG-PSOE abstivéronse a pesar de que non se mostraban de acordo cas contas xerais do exercicio 2020 do Concello da Rúa ante uns gastos que consideraron exaxerados

O pleno da Rúa, aprobou as contas xerais do exercicio 2020. Estas contaron co apoio do Partido Popular e do RUA, mentres que o BNG e o PSdG-PSOE se abstiveron alegando uns gastos desorbitados nun ano marcado pola pandemia.

María Albert, voceira dos nacionalistas, explicou a súa sorpresa en primeiro lugar por non gastar a partida presupostada para os programas de violencia de xénero. A súa vez detallou a reducción ínfima en alumeado público que supuso uns gastos de 14.000 euros para o consistorio cando no ano anterior foran de 150.000.

A edil tamén falou sobre os gastos informáticos, que se elevaron no último ano en algo máis de 50.000 euros, esperando que se meteran outros gastos non correspondentes a esa partida. Albert salientou os 95.000 euros de gastos en mantemento do concello nun ano covid, detallando que poderíanse haber destinado cartos a defensa do comercio e a industria local.

Luis Gudiña, portavoz socialista, salientou que a pesares de ser un ano marcado pola paralización, o concello ten un remanente negativo de tesourería de 90.000 euros, sendo este o peor resultado dos últimos 4 anos.

Dende o actual equipo de goberno, o alcalde, Álvaro Fernandez, afirmou que moitos dos gastos son provocados pola covid, 20.000 euros en pantallas e máscaras, contratación de profesores na ludoteca ou gastos xa comprometidios como o pago de monitores das escolas municipais. O recoñecemento extraxudicial de deuda elevou os gastos en 180.000 euros. Tamén invertíronse 40.000 euros para regularizar a situación do vertedoiro.

O rexedor resalta que todos os provedores están ao día. No ano 2022 o concello deberá asumir parte do recoñecemento extraxudicial de deuda que supón uns gastos de 50.000 euros.

Jose Vicente Solarat, edil de cultura e portavoz do RUA, destacou que estas contas cumplen o obxetivo, que é o de informar aos veciños e a Xunta de Galicia. Explicou tamén que todos os provedores locais están ao día, exceptuando os conceptos graves. Agradeceu aos partidos da oposición a súa abstención, xa que sen contas xerais o concello da Rúa non podería optar a subvencións.