Os populares da Rúa reclaman as contas do 2017
Unha vez máis, e desta vez chamando a atención sobre as posibles multas e incluso perdas de subvencións que pode sufrir o Concello da Rúa, o grupo popular da oposición volvía a por o acento no retraso da presentación da liquidación do 2017. Facíao no pleno celebrado onte día 5 de novembro, que escomezaba cun minuto de silencio compartido por toda a corporación en pe, en recordo do exconcelleiro Francisco Delgado, falecido a semana pasada.
Tras a aprobación de tres propostas recollidas na orde do día, dúas por parte do BNG referidas á necesidade de combatir a proliferación da poboación de xabarís e á prevención da violencia machista, e unha terceira proposta polo PSOE sobre a reducción da tarifa eléctrica na comunidade galega, chegaba o turno de rogos e preguntas.
Empleou o seu turno o primeiro edil popular, Avelino García Ferradal, para queixarse de que «a estas alturas, ainda temos a conta de resultados do 2017 sen pechar». Puxo como exemplo delo a presentación de facturas de eventos celebrados hai un ano coma o Codillo. «Nos presentan un decreto de abril con facturas atrasadas cando vaise celebrar xa o novo Codillo».
Explicou García Ferradal que este feito «pode acarrear multas e incluso a perda de subvencións por parte da Xunta de Galicia». Pola súa banda, o rexidor da Rúa, Luis Fernández Gudiña, explicou que «o estamos agilizando por tódolos medios e teñen o compromiso do alcalde de que a liquidación estará feita a finais de ano; intentaremos que a do 2018 tamén esté ao día para poder afrontar o 2019 coas garantías suficientes». Insistía Ferradal que «a pesar delo o Concello xa vai fora de prazo» e que disto «os veciños non teñen a culpa».
Tamén empleaba a palabra o edil do PP para urxir a convocatoria da oposición de auxiliar administrativo ao que o rexidor apuntou que o problema viña por un erro de forma. «Detectamos un problema nas bases, na redacción relativa a un dos compoñentes do tribunal, e hai que facer unha modificación; tan pronto como esté, o tribunal se constituira para poder resolver canto antes o proceso de selección».
Remataba o turno de rogos coa proposta de García Ferradal de limpar o campo de fútbol e o seu entorno «que está nun estado lamentable». Fernández Gudiña tomaba nota do solicitado e comprometíase a facelo efectivo non sen antes sinalar que «é a primeira vez en moito tempo que temos unha empresa que se encarga do mantemento do campo de fútbol artificial».
Remataba o pleno ordinario do mes de novembre coa aprobación dos festivos locais da Rúa para o ano 2019, serán o 13 de xuño, para conmemorar a festa do San Antonio en Fontei, e o 5 de agosto, con motivo das Festas de Verán.