jueves. 18.04.2024

María González Albert: «Entendemos que o goberno está entre nos e o Partido Popular»

No almorzo informativo celebrado hoxe, na sede do BNG da Rúa, María González Albert —cabeza de lista da formación política nacionalista para as próximas Eleccións Municipais— presentou, xunto os seus compañeiros, as liñas xerais da campaña.

Queren ter moita presenza na rúa, «é o que toca» neste tempo pero tamén entenden que o que tiñan que facer xa se fixo durante estes catro anos, «co bo, co malo e co regular», subliñaba María.



Aínda que pensan que o traballo xa está feito «tanto para ben como para mal», o seu propósito é empregarse a fondo, «recorrer a Rúa de Cabo a rabo», que os veciños coñezan os seus proxectos e a vez escoitar as propostas que eles lles aporten. «Explicar o que se fixo e o que se pretende facer», aclara.



«A campaña está pensada en positivo, na perspectiva de gobernar», afirmou Albert. Y é que a formación política  que capitanea cree que está en condicións de gobernar. Recordamos que María Albert —primeira alcaldesa da Rúa— ocupou o cargo os primeiros dous anos de mandato. Os dous últimos foi o socialista Luís Fernández Gudiña o que exerceu o de primeiro edil tralo acordo de coalición o que chegaron PSdeG-PSOE e BNG.



A imaxe de campaña da formación nacionalista está baseada en catro pías:. A primeira, a presenza nas rúas a través de cartelería . Os medios de comunicación, serán outra parte importante nos que se van apoiar. Darán a coñecer cada día a súa axenda e mandarán notas do traballo diario levado a cabo polo seu partido.

As redes sociais son unha parte moi importante da campaña. Até o de agora ademais de presentar o programa e a cada un dos membros da candidatura tamén fan un vídeo cada día con cada unha das ideas forza que teñen plantexadas no programa electoral. De momento van dous.



A cuarta liña será o porta a porta. Ademais de reunirse coas asociación de veciños, culturais e calquera outra agrupación abrirán as reunións a todos os barrios, un «minimitin cos veciños e veciñas dos barrios para que poidan escoitar as nosas ideas e que eles tamén aporten as súas».

Respecto o número de candidaturas  que se presentan na Rúa— cinco en total— a María Albert parécenlle moi ben, aínda que cre co próximo goberno estará entre o BNG e o Partido Popular. «Gustaríame que houbera debates de campaña para confrontar ideas. O interesante das campañas e sempre confrontar ideas. A mi me encantaría debater co candidato do Partido Popular. E como a xente pode discernir mellor que proxecto se lle acomoda máis ao seu voto»



Moito traballo plantexado para a campaña aínda que Albert pensa que o traballo xa está feito. «Queda o sprint final e aínda que a xente  está cansa vamos a facer que se involucre nestas municipais».

Se queres escoitar a conversa mantida con María Albert despois do almorzo, dálle a seguinte ligazón.


O BNG da Rúa celebrou un almorzo informativo onde presentou as liñas da campaña