viernes. 19.04.2024

O Grupo nacionalista ratificou a proposta da Asemblea Local para que a exalcaldesa encabece unha vez máis a súa candidatura A Rúa

O Consello

Nacional do Bloque Nacionalista Galego reunido en Compostela na mañá de hoxe, sábado

9 de febreiro, vén de ratificar a proposta da Asemblea Local do BNG da Rúa para

que María González Albert sexa a súa cabeza de cartel nas eleccións municipais

do próximo 26 de Maio.

María Albert na votación da constitución da nova Corporación Municipal en xuño de 2015

Albert foi a

primeira muller en ostentar o cargo de alcaldesa da Rúa, posto que ocupou entre

os anos 2015 e 2017. O BNG aspira a revalidar e mellorar os seus bos resultados

na vila valdeorresa nesta convocatoria electoral de 2019.

A prioridade neste momento e conformar a lista para intentar sacar os mellores resultados posibles para continuar o que empezaron hai catro anos.  «Queremos que haxa una certa continuidade nas lista, pero tamén unha renovación», sinalaba Albert ao respecto.

Falamos con María

Albert nada máis coñecer a nova para que nos fixera unha valoración destes catro

anos do concello e isto foi o que nos contou:

«O primeiro ano

foi unha toma de contacto, houbo que aprender moito, tomar as rendas do

concello, por moitas cousas o día; e, unha vez que estaba encamiñado cambiamos

de alcaldía polo acordo de goberno que tiñamos», apunta Albert sobre os

primeiros dous anos como alcaldesa.

Respecto aos

proxectos prioritarios, Albert asegurou este medio que, están: o arranxo do

problema de abastecemento de auga para a vila, a limpeza diaria das rúas que

«preocupa tanto a veciñanza», afrontar o proxecto do Aguillón e o PXom.

Primeiras palabras de María G. Albert como alcaldesa da Rúa en xuño de 2015

Maria González Albert naceu na Rúa en 1977. É licenciada en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e nos últimos anos veu desenvolvendo a súa labor profesional na vila valdeorresa no campo da repostería creativa.

María González Albert candidata de novo a alcaldía da Rúa baixo as siglas do BNG