O Concello da Rúa quere crear unha Gala de Homenaxe as Mulleres neste 8M

Unha gala de homenaxe as mulleres da Rúa levarase a sesión plenaria
A alcaldesa non proporciona moitos máis detalles, xa que todo está no aire «hasta o luns que temos pleno municipal»

Xa estamos as portas de marzo, por esa razón, tamén se acerca o Día Internacional da Muller, ese 8M. Os Concellos de Valdeorras comezan a presentar pinceladas do que serán os seus programas para ese día tan especial. Neste caso, María Albert, alcaldesa da Rúa, anuncia unha sorpresa para esta ocasión. 

A intención que hai é «crear unha gala de homenaxe as mulleres da Rúa, queremos que sexa a primeira gala e que se manteña no tempo». O que se pretende é recoñecer o traballo das mulleres do concello, «aquelas que contribuíron, e moito, a facer da Rúa o que é».  

O que se pretende é «focalizar tanto a campaña de publicidade que vamos facer, como esta propia gala, na relación da muller e o comercio local». A alcaldesa non proporciona moitos máis detalles, xa que todo está no aire «hasta o luns que temos pleno municipal».

Este ano, dende o Concello da Rúa, «estamos moi emocionadas con este 8M, creo que vai ser unha data moi interesante para A Rúa este ano. Como outras veces o propio día, que cadra a venres, vamos ler un manifesto na Praza do Concello ás doce da mañá», asegura a alcaldesa. 

Por outra banda, «estamos falando co Manuel Respino porque eles teñen unha actividade propia para que os máis pequenos e pequenas podan ler un manifesto propio». Tamén haberá obradoiros para «facer cos nenos e cas nenas, xa que pensamos que a educación é a base da igualdade». Estas actividades faranse «tanto en infantil como en primaria». Iso si, estarán adaptados a cada idade. 

A maiores de iso, o propio venres «teremos unha obra de teatro, Feminísimas, que é moi interesante. Animo a todo o mundo a que acuda. Son tres actrices que representan as tres correntes do feminismo máis maioritarias na actualidade», asegura María Albert. 

Se queres escoitar a entrevista completa con María Albert, alcaldesa da Rúa, podes facelo aquí: