Fontei celebra a mellor feira do ano coincidindo coas Festas de Verán da Rúa

somoscomarca_arua_fontei_feriaagosto_2023 (16)
Quinto día de festa na Rúa ca celebración da feira do día 7 en Fontei, a de máis afluencia de todos os meses do ano

Fontei ten a parroquia, o barrio da estación a Festa de Verán e A Rúa, a capitalidade do municipio, teno todo. O sete de cada mes Fontei celebra a súa feira do mes pero a de agosto é especial.

Desde media mañá a rúa Telesforo Ojea, a Praza de Enriqueta Casanova e a rúa Padre Feijóo e un fervedeiro de xente que sube e baixa, o se para se algo lle gusta nalgún posto.

A xente dos arredores baixa a facer as compras pero tamén a comer o pulpo na feira e desfrutar da música da charanga. Ao galego únese o francés o español ou calquera outra lingua ou idioma que falan os que veñen a pasar este días de vacacións a comarca.

Esto foi o que nos contaron algunhas dar personas que por alí descurrían:

 

Risas e moito barullo que fai que o son da charanga non chegue se non estas preto dela. Algún arríncase a bailar e outros a vela pasar ou a escoitalas. Iso si cun refresco, unha cervexa ou un vermú na man, ben fresquiño que o calor apreta e deixa a un sen folgos.

Churros, roupa, sombreiros, abanicos, zapatos, froita, verdura, bacallau, cousas para a casa, moito que comprar e, moitos aos que vender por iso o 7 de agosto e a mellor feira do ano.

Así estaba a rúa Telesforo ojea:


:

Continúa a festa na Rúa

Hoxe é o día no que os nenos son os protagonistas  e tamén a gran orquestra Tango que actuará na praza da Estación. E, a Charanga BBB espallará a súa música con pasarrúas en sesión de mañá e de tarde.

Ademais, último día do parque de inchables acuáticos, nas Piscinas Municipais e campionato de golf rústico, no antigo Campo de Fútbol da Rúa.