En estado grave a persoa acoitelada a pasada noite na Rúa

En estado gave a persona acoitelada a pasada noite na Rúa
Trátase de un xove de 35 anos que estaba de vacacións na zona e que segundo as testemuñas foi agredido con arma blanca por uns adolescentes que se deron á fuga

O feito ocorreu a pasada a medianoite na céntrica rúa Silveira. Segundo a información do boletín da maña do 112 Galicia. «O 112 Galicia atendeu esta noite varias chamadas por unha persoa que pedía axuda na vía pública tras sufrir unha agresión», relata o boletín.

Segundo as testemuñas dous adolescentes acoitelaron a un mozo de 35 anos e logo escaparon. O agredido pedía axuda a berros o que fixo que os veciños alertasen ás forzas de seguridade e ao 112.

Unha das persoas que chamou ao número de emerxencias tamén explicou que se lle estaba a practicar un torniquete co fin de deter a hemorraxia. O ferido foi evacuado ao hospital de referencia con lesións provocadas por un arma onde se atopa en estado grave.

Tras as chamadas recibidas no CIAE 112 Galicia, decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para proporcionarlle os coidados necesarios ata o seu posterior traslado ao Complexo Hospitalario Uneversitario de Ourense —CHUO—, onde foi operado de urxencia aínda que en principio a súa vida non corre perigo.

Ademais, foron informados os axentes de seguridade, en concreto, os membros da Policía Local e da Garda Civil, que enviaron unha patrulla ata o lugar dos feitos.