sábado. 20.04.2024

As obras de abastecemento,

saneamento e beirarrúas son a causa do corte temporal dun dos puntos de entrada

á vila máis transitados

As obras de acondicionamento das beirarrúas e abastecemento, incluídas nos Plans Provinciais de 2018, que comezaron o pasado 6 de febreiro, obrigaron a cortar o paso entre a OU-603 e a estrada N-120.

As persoas que accedan á Rúa desde a N-120 para entrar ó núcleo urbano pola zona de San Roque teranse que desviar pola rúa Canta la Rana, por onde chegarán a praza de César Conti e logo xiro a esquerda para baixar polo Camiño Novo a OU-536 —rúa Campogrande—. Durante o día hai dous operarios, da empresa adxudicataria da obra, no desvío facendo as indicacións pertinentes e regulando o tráfico. Tamén se pode tomar a seguinte saída pola avenida de Vilela e así evítase esta zona de obras.



Si o que se quere é saír da Rúa cara o Barco, o lugar habilitado é o acceso a N-120 coñecido como «Saída dos pinos», no quilómetro 4,600 da OU-536 entre A Rúa e San Miguel de Outeiro

Segundo Luís Fernández Gudiña, alcalde da Rúa, «este corte xa se comunicou vai uns días os núcleos de poboación afectados. Ademais puxéronse carteis de aviso no Barrio, Somoza e San Xulián».

«Tivemos que cortar o tráfico pola avenida de Somoza, xa que hai que habilitar un par de pozos no cruce y era imposible que puideran traballar as máquinas», indicou Gudiña.

Este tramo permanecerá cortado entre dous ou tres días si todo vai como ten que ir e non xurde ningún inconvinte.

A entrada da Rúa pola avenida de Somoza estará cortada durante uns días